Categorías
Certamen Vigo Histórico Editorial Elvira Prosa Uncategorized

O RELATO SOLSTICIO, DE IRIS DARRIBA, GAÑADOR DO XII CERTAME DE RELATOS VIGO HISTÓRICO

O relato Solsticio, de Iris Darriba Quesada, é o gañador da doudécima edición do Certame de Relatos Vigo Histórico, organizado por Editorial Elvira co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra. O segundo premio foi para O derradeiro concerto, de Eduardo J. Ares, nun certame no que participaron uns 160 escritores/as de Vigo, Galicia, o resto do Estado español e tamén do estranxeiro. Como nas últimas edicións, houbo unha gran presenza de concursantes de Vigo e iso tamén se ve reflectido nos premios, sendo os dous primeiros da nosa cidade.

Hoxe 8 de outubro celebrouse a rolda de prensa para dar a coñecer a resolución do xurado na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo. Na lectura do ditame do Certame participaron a vicepresidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, Luisa Sánchez; o editor de Editorial Elvira, Xabier Romero, e as escritoras e membros do xurado María Lado e Patricia Meira, así como numerosos participantes no certame, que viviron con emoción o acto.

O responsable da Editorial Elvira Xabier Romero destacou o seu orgullo por estar despois de 12 anos cun proxecto consolidado, que forma parte da Editorial  e que “enriquece o coñecemento que temos desta cidade e que queda plasmado nun libro en cada edición celebrada”.

A vicepresidenta Luisa Sánchez asegurou que “sentimos un gran orgullo por apoiar iniciativas como este certame de Relatos Vigo Histórico, que da voz a tantos creadores e nos invita a mirar con outros ollos o territorio que compartimos. A cultura necesita máis espazo en Vigo. A cultura é máis, moito máis que eventos de masas”. E rematou cun agradecemento á Editorial Elvira : “Grazas Javier por conseguir todos os anos que Vigo sexa protagonista de tantas historias. Que nunca nos falten as historias, ninguén as escriben, nin quen as len”.

A resolución

Os dous relatos premiados son completamente diferentes. O primeiro premio, Solsticio, de Iris Darriba Quesada , é un relato de triste actualidade, duro e que escarva na alma, cunha construción entre a realidade e o onírico e que ten un remate impactante, que non deixará indiferente a ninguén. A autora, veciña do Casco Vello vigués e presente no acto, xa se presentou en varias ocasións ao Certame e na última edición logrou publicar un relato no libro, aínda que ata o de agora non acadara un premio.

O segundo premio foi para O derradeiro concerto, de Eduardo J. Ares, no que o autor recorda un concerto celebrado en Vigo o 1 de agosto de 1976, o primeiro verán tras o falecemento de Franco, e en plena transición cara á democracia. Así, no relato hai política, música, historia e a morte tráxica dunha cantante moi nova, Cecilia, que fixo o seu último concerto na sala Nova Olimpia de Vigo.

Os accésits son para O valor da memoria e os recordos (de Azucena Arias); Palabras rescatadas (Ana María Verde); Ochenta vueltas al mundo (Fátima González) e Asasinato en Relatos na Rúa (Antón Beiras).  O gañador recibirá un premio de mil euros, mentres que o  segundo terá 500 euros  e os 4 accésits, 200 euros cada un. En todos os casos, deduciranse automaticamente as retencións que estipula a lei.

Como xa é coñecido por todas e todos, as bases do Certame de Relatos Vigo Histórico marcan que o tema é libre pero Vigo ten que ter un papel protagonista nos relatos presentados. A finais de novembro celebraremos a gala de entrega dos premios e a presentación do libro Relatos na Rúa XII, no que aparecerán publicados os relatos premiados e unha ampla escolla dentro dos presentados. Outra das tradicións do Certame é a colaboración coa Fundación IgualArte, a cal participa de forma moi activa tanto na gala, con actuacións, como no libro, coas aportacións do seu grupo Diseñatas. Pola súa banda, a editorial fai unha doazón á Fundación dun euro por cada exemplar vendido.

Coma sempre, un agradecemento especial para o xurado do Certame de Relatos Vigo Histórico, ao que lle corresponde a tarefa máis complicada: elixir os gañadores e publicados. Un ano máis o Certame de Relatos Vigo Histórico conta cun grupo marabilloso, formado pola escritora Clara do Roxo; o xornalista Jacobo Buceta; a filóloga e poeta Patricia Meira, o escritor Santiago Lopo; a escritora e actriz María Lado; a xornalista Noelia Otero Lago; a profesora e tradutora Alba Piñeiro e a diplomada en Relacións Laborais e gran lectora María Jesús Fernández, ademais do presidente do xurado, Xabier Romero.

A continuación tedes o listado dos premios e todos os relatos que formarán a duodécima edición do libro Relatos na Rúa.

Categorías
Certamen Vigo Histórico Editorial Elvira

CONVOCATORIA: XII Certame de Relatos Vigo Histórico

Fiel como cada ano, o  Certame de Relatos Vigo Histórico fai a súa presentación no mes de abril. Este concurso, que naceu co obxectivo fundamental de dar un espazo onde expresarse aos escritores e escritoras noveis de Vigo, Galicia, España e incluso do estranxeiro, volve abrir as súas portas e novamente coloca a Vigo coma o epicentro da creatividade, a narrativa e as mellores historias de amor, terror, misterio, humor ou ciencia ficción.

O prazo para a recepción dos traballos comezará 8 de abril e finalizará o 30 de xuño. A comunicación dos gañadores/as, así como dos relatos seleccionados para o libro Relatos na Rúa XII farase pública entre os días 26 de setembro e 3 de outubro de 2025. Como é habitual, antes de que finalice o presente ano realizarase a gala de entrega dos premios, na que tamén se presentará  o libro Relatos na Rúa XII, no que participará coas súas ilustracións o grupo Diseñatas, da Fundación Igual Arte, que é unha colaboradora fiel do certame. Ademais da aportación de Diseñatas ao libro, a Editorial Elvira entrega un euro por cada libro vendido á Fundación Igual Arte.

O tema do relato será libre coa única condición de que a cidade de Vigo ten que ser protagonista, tal e como aparece nas bases do concurso. Admitirase un único texto por autor/a, en galego ou castelán, e cunha extensión máxima de 4 páxinas por unha cara (ou o equivalente a 8.000 carácteres con espazos). Os orixinais deberán presentarse por correo electrónico á seguinte dirección: certamenvigohistorico@gmail.com. Haberá un primeiro premio de mil euros para o gañador/a, un segundo premio de 500 e ata 4 accésits de 200 euros cada un (en todos os casos se deducirán automaticamente as retencións que estipula a lei). As bases están a disposición de todos os interesados na páxina web de Editorial Elvira (www.editorialelvira.com). A principal novidade deste ano da bases, é a prohibición da utilización da Intelixencia Artificial na creación dos relatos.

Cartel

O autor do cartel da duodécima edición é David Amoedo Losada, Davida, un debuxante nado en Vigo no ano 1984, que vive a medio camiño entre Vigo e Badaxoz. Humorista gráfico nas revistas Xogo Descuberto, Retranca e A Movida e nos portais web novaxove.com, odivinoferrete.es, pentavox.net e moiceleste.com. Como artista urbano participou nos certames O Marisquiño XV, XXII, Badaxoz Pinta e Vigo Cidade de Cor.

O Certame de Relatos Vigo Histórico conta cun fantástico xurado, no que teremos varias novidades: Incorpóranse ao equipo Alba Piñeiro, profesora e tradutora e a diplomada en Relacións Laborais e gran lectora María Jesús Fernández Domínguez. Desta forma, o noso «tribunal» queda conformado por a escritora Clara do Roxo; o xornalista Jacobo Buceta; a filóloga e poeta Patricia Meira, o escritor Santiago Lopo; a escritora e actriz María Lado; a xornalista Noelia Otero Lago; aos que se unen Alba Piñeiro e María Jesús Fernández, ademais do presidente do xurado, que será Xabier Romero un ano máis.

Categorías
Certamen Vigo Histórico Mundo DDM

PECHE DO XI CERTAME DE RELATOS VIGO HISTÓRICO CUNHA GALA EMOTIVA E ÚNICA

O venres 22 de novembro celebrouse o acto de entrega dos premios do XI Certame de Relatos Vigo Histórico, organizado pola Editorial Elvira, coa colaboración da Fundación IgualArte e co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra. A gala celebrouse na sede de Vigo da Deputación e contou co xornalista Jacobo Buceta como mestre de cerimonias.

Como todos os anos foi un acto moi emotivo e divertido, no que as e os escritores son os verdadeiros protagonistas, xunto aos rapaces e rapazas da Fundación IgualArte, encargados de encher de maxia o auditorio coas súas actuacións. Nesta ocasións tivemos a oportunidade de gozar do grupo de danza de IgualArte, que ofreceu dúas pezas do seu espectáculo Emóvere.

Ademais, neste evento, presentouse o undécimo volume do libro Relatos na rúa, no que aparecen, ademais dos relatos premiados, unha ampla selección das obras presentadas a esta edición do Certame e que foi realizada polo xurado. A portada do libro foi realizada por Cynthia Alfonso, quen mostra a súa visión do Castro de Vigo, e as ilustracións do interior realizadas polo grupo Diseñatas de IgualArte tamén irán en torno ao emblemático monte da nosa cidade. Ademais hai que destacar que a portada irá impresa sobre papel floral, con sementes, flores e minerais na súa composición. Hai que recordar que a Editorial Elvira colabora con IgualArte, entregando un euro do prezo de cada libro vendido a esta institución.

Premiados

O relato Marisol e os depredadores, de Marcos López Concepción, é o gañador da undécima edición do Certame de Relatos Vigo Histórico, e nel se conta a historia dunha figura moi coñecida en Vigo a inicios de los 80: Marisol Paíno. Un traballo moi ben documentado e escrito de forma maxistral. O segundo premio foi para Un hombre con dos historias, de Miguel Vázquez Vigo, un relato moi humano, triste, que encolle a alma e nos recorda o drama dunha enfermidade “terriblemente de moda” nos anos oitenta e que afectou en especial ao colectivo homosexual. Ademais dos dous primeiros premios, hai catro accésits que foron para Cine Club (Antón Beiras); El último gol de Maradona (Jorge Valín); La muerte del dragón rojo (Juan Carlos Gómez) e Días de lluvia (Sabela Barreiro).

Un ano máis, a tarefa máis complicada foi para o xurado do Certame, que está formado pola escritora Ledicia Costas; o pintor Antón Pulido; o editor Bieito Ledo; a escritora Clara do Roxo; o xornalista Jacobo Buceta; a filóloga e poeta Patricia Meira, o escritor Santiago Lopo; a escritora e actriz María Lado e a xornalista Noelia Otero Lago.

Categorías
Certamen Vigo Histórico Editorial Elvira

Relatos premiados e publicables do XI Certame de relatos Vigo Histórico

Aquí tedes a selección de relatos premiados na undécima edición do Certame de Relatos Vigo Histórico e publicables no undécimo volume de Relatos na rúa. Dende a editorial Elvira queremos dar a noraboa a todas e todos os premiados e publicados!

Vémonos moi pronto na gala de entrega do XI Certame de Relatos Vigo Histórico!

Categorías
Certamen Vigo Histórico Editorial Elvira

CONVOCATORIA: XI Certame de Relatos Vigo Histórico

Un ano máis por estas datas chegou o momento de dar o pistoletazo de saída ao XI Certame de Relatos Vigo Histórico, un concurso que naceu hai xa once anos co obxectivo fundamental de dar un espazo onde expresarse aos escritores e escritoras noveis de Vigo, Galicia, España e incluso do estranxeiro, así como permitir que a cidade de Vigo se converta nun estudio de televisión para centos de historias.

Así, hoxe celebrouse a rolda de prensa para anunciar a convocatoria desta nova edición do certame. Na mesma estiveron presentes a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez; o editor de Editorial Elvira, Javier Romero,  e a integrante do xurado, Patricia Meira.

O editor Javier Romero recordou que o certame xurdiu hai once anos da man de Carlos Oroza e a súa obsesión sobre que a cultura nace na rúa, de xente anónima. E así, once ano despois, hai preto de 2.000 relatos presentados que “nos dan unha dimensión diferente das entrañas de Vigo”. Romero agradeceu o apoio da Deputación de Pontevedra porque “sen el sería imposible realizar este tipo de propostas como a nosa, que a pesar de ser modesta, chega a miles de persoas”.

Pola súa banda, Patricia Meira destacou a incorporación no xurado de Santiago Lopo, e asegurou que o traballo de todos os integrantes do mesmo é “arduo, de moitas horas e apaixonante, xa que é un descubrimento constante de Vigo. Hai un Vigo alternativo que é o Vigo dos relatos”.

E por último a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, asegurou que este certame “pon en valor a creatividade de Vigo” e está segura de que “haberá moitos anos por vir do Certame de Relatos Vigo Histórico”. A representante da Deputación manifestou o seu apoio a esta iniciativa que é “un apoio aos autores, ás letras e á cultura”.

 O prazo para a recepción dos traballos comezará mañá 11 de abril e finalizará o 30 de xuño. A comunicación dos gañadores/as, así como dos relatos seleccionados para o libro Relatos na Rúa XI farase pública entre os días 26 de setembro e 4 de outubro de 2024. Como é habitual, antes de que finalice o presente ano realizarase a gala de entrega dos premios, na que tamén se presentará  o libro Relatos na Rúa XI, no que participará coas súas ilustracións o grupo Diseñatas, da Fundación Igual Arte, que é unha colaboradora fiel do certame. Ademais da aportación de Diseñatas ao libro, a Editorial Elvira entrega un euro por cada libro vendido á Fundación Igual Arte.

O autor do cartel desta undécima edición é Chica Atomika, unha ilustradora viguesa de 29 anos que reside en Madrid dende o ano 2012. Para esta ilustración, a artista inspirouse na estatua viguesa de “A fada e o Dragón” situada no paseo de Alfonso, moi preto da Panificadora,  que quere homenaxear aos poetas e trobadores medievais de Galicia.

O tema do relato será libre coa única condición de que a cidade de Vigo ten que ser protagonista, tal e como aparece nas bases do concurso. Admitirase un único texto por autor/a, en galego ou castelán, e cunha extensión máxima de 4 páxinas por unha cara (ou o equivalente a 8.000 carácteres con espazos). Os orixinais deberán presentarse por correo electrónico á seguinte dirección: certamenvigohistorico@gmail.com. Haberá un primeiro premio de mil euros para o gañador/a, un segundo premio de 500 e ata 4 accésits de 200 euros cada un (en todos os casos se deducirán automaticamente as retencións que estipula a lei). As bases están a disposición de todos os interesados na páxina web de Editorial Elvira (www.editorialelvira.com).

Un ano máis o Certame de Relatos Vigo Histórico conta cun fantástico xurado, ao que se incorpora o escritor Santiago Lopo. Desta forma, o noso «tribunal» queda conformado pola escritora Ledicia Costas; o pintor Antón Pulido; o editor Bieito Ledo; a escritora Clara do Roxo; o xornalista Jacobo Buceta; a filóloga e poeta Patricia Meira, o escritor Santiago Lopo; a escritora e actriz María Lado e a xornalista Noelia Otero Lago.

Categorías
Certamen Vigo Histórico

YT: GALA «Relatos na rúa 9»

GAL

O pasado 15 de decembro foi a Gala de entrega de premios do IX Certame de Relatos Vigo Histórico. Foi no auditorio municipal do Concello de Vigo e, ademais da ler algúns anaquiños dos relatos premiados, gozamos de toda a maxia de «Vuelta y Media» dúo de baile acrobático da Fundación IgualArte, organización coa que colaboramos fai anos.

Sabemos que moitos de vós non podíades acompañarnos e que a outros gustaríavos gardar esta memoria dixital, así que aquí vos deixamos o video da Gala de Relatos na rúa 9:

Non cansamos de dicilo, este é unha das citas máis importantes do ano para todo o equipo de Editorial Elvira porque supón o broche final dunha das actividades editoriais que máis nos enche: un certame literario  que nace dunha conversación con Carlos Oroza fai moitos anos e que ten como obxectivo mostrar Vigo a través de diferentes olladas que quedan plasmadas, edición tras edición, en cada un dos volumes da colección Relatos na rúa.

ESP.

El pasado 15 de diciembre asistíamos a la Gala de entrega de premios del IX Certamen de relatos Vigo Histórico. Fue en el auditorio del Concello de Vigo y, además de la lectura del inicio de los relatos premiado, disfrutamos de toda la magia de Vuelta y Media, pareja de baile acrobático de la Fundación IgualArte, organización con la que llevamos años colaborando.

Sabemos que muchos no pudisteis acompañarnos y que a otros os gustaría poder guardar este recuerdo digital, así que aquí os dejamos el vídeo de la IX Gala Relatos na rúa:

No nos cansamos de decirlo, este es uno de los eventos más importantes del año para todo el equipo de Editorial Elvira porque es el broche final de una de las actividades editoriales que más nos llenan: un concurso literario que nace de una conversación con Carlos Oroza allá por el 2012 y que tiene como objetivo mostrar Vigo a través de diferentes miradas que han quedado plasmadas en cada uno de los volúmenes de Relatos na rúa.

Categorías
Certamen Vigo Histórico Editorial Elvira

Relatos premiados e publicables do IX Certame de relatos Vigo Histórico

Aquí tedes a selección de relatos premiados no IX Certame de Relatos Vigo Histórico e publicables no noveno volume de Relatos na rúa.

Noraboa e gracias por formar parte desta pequena gran familia literaria!

Categorías
Certamen Vigo Histórico Editorial Elvira

Relatos premiados e publicables do VIII Certame de relatos Vigo Histórico

Aquí tedes a relación de relatos premiados do VIII Certame de Relatos Vigo Histórico e dos relatos que van formar parte de Relatos na rúa 8.

Noraboa a todas e todos!

Categorías
Certamen Vigo Histórico

CONVOCATORIA: VIII Certame de relatos Vigo Histórico

Estamos moi contentos de anunciar a convocatoria do VIII Certame de relatos Vigo Histórico.

Na edición do ano pasado vímonos obrigados a presentar o noso querido concurso de relatos de maneira integramente en liña, as circunstancias así o esixían, e estamos moi orgullosos e agradecidos pola resposta recibida. Tamén tivemos que pospoñer a gala, que supón o broche final a cada edición do certame, e a celebración de toda esa creatividade literaria que asolaga cada recuncho da nosa cidade. Desde entón as máscaras, os hidroxeis e as medidas de distanciamento social convertéronse en algo cotián e esgotador, pero polo menos volve haber certa alegría polas rúas.

Así que, coa chegada da primavera, decidimos fusionar os dous eventos: a Gala de Relatos na rúa VII e a presentación do VIII Certame de Relatos Vigo Histórico, converténdoos en algo máis modesto e cumprindo con todas as medidas de seguridade necesarias para garantir a saúde de todas as persoas que quixeron acompañarnos no Auditorio do Concello de Vigo.

Onte asistimos a unha xornada curiosa e moi fermosa na que por fin puidemos facer entrega dos premios aos relatos gañadores do ano pasado e na que contamos coa colaboración da Fundación Igual Arte, esta vez de maneira virtual a través de dous vídeos: un do equipo Diseñatas, que nos regalaron a súa visión das Illas Cíes a través dunhas ilustracións que xa forman parte do libro Relatos na rúa 7, e outro do grupo de danza, que sempre nos ofrece uns números de baile moderno incribles.

A oitava edición do Certame Vigo Histórico xa está en marcha desde esta madrugada e todas as persoas interesadas en escribir relatos coa cidade de Vigo como protagonista poderán atopar todas as especificacións necesarias para participar clicando no seguinte botón:

Xa sabedes que sempre apostamos por dar saída á creatividade local e iso reflíctese tamén nos carteis de todas as nosas accións literarias. O marabilloso cartel deste ano, de liñas finas e elegantes, corre a cargo de Laura Cochón, artista e ilustradora viguesa, riquiñísima e moi comprometida coa vida cultural da cidade.

Estamos a desexar ler todas as vosas historias e de que sigamos a facer cidade xuntos. A familia deste certame non deixa de medrar y de sorprendernos ano tras ano.

********************************************************************************************************************

Estamos muy contentos de anunciar la convocatoria del VIII Certamen de Relatos Vigo Histórico.

En la edición del año pasado nos vimos obligados a presentar nuestro querido concurso de relatos de manera íntegramente online, las circunstancias así lo exigían, y estamos muy orgullosos y agradecidos por la respuesta recibida. También tuvimos que posponer la gala, que supone el broche final a cada edición del certamen, y la celebración de toda esa creatividad literaria que inunda cada rincón de nuestra ciudad. Desde entonces las mascarillas, los hidrogeles y las medidas de distanciamiento social se han convertido en algo cotidiano y agotador, pero por lo menos vuelve a haber cierta alegría por las calles.

Así que, con la llegada de la primavera, decidimos fusionar los dos eventos: la Gala de Relatos na rúa VII y la presentación del VIII Certamen de Relatos Vigo Histórico, convirtiéndolos en algo más modesto y cumpliendo con todas las medidas de seguridad necesarias para garantizar la salud de todas las personas que han querido acompañarnos en el Auditorio del Concello de Vigo.

Hemos asistido a una jornada curiosa y muy bonita en la que por fin pudimos hacer entrega de los premios a los relatos ganadores del año pasado y en la que contamos con la colaboración de la Fundación Igual Arte, esta vez de manera virtual a través de dos vídeos: uno del equipo Disenhatas, que nos han regalado su visión de las Islas Cíes a través de unas ilustraciones que ya forman parte del libro Relatos na rúa 7, y otro del grupo de danza, que siempre nos ofrece unos números de baile moderno increíbles.

De esta manera, la octava edición del Certamen Vigo Histórico ya está en marcha desde esta madrugada. Todas las personas interesadas en enviar sus relatos con la ciudad de Vigo como escenario podrán encontrar todas las especificaciones necesarias para participar clicando en el siguiente botón:

Ya sabéis que siempre apostamos por dar salida a la creatividad local y eso se refleja también en los carteles de todos nuestras acciones literarias. El maravilloso cartel de este año, de líneas finas y elegantes, corre a cargo de Laura Cochón, artista e ilustradora viguesa, riquiñísima y muy comprometida con la vida cultural de ciudad.

Estamos deseando leer todas vuestras historias y que sigamos haciendo ciudad juntos. La familia de este certamen no deja de crecer y de sorprendernos año tras año.

Categorías
Certamen Vigo Histórico Editorial Elvira

CONVOCATORIA: VII Certame de Relatos Vigo Histórico

Estes días estamos mirando polas fiestras das nosas casas máis do habitual; o que vemos é unha cidade fantasmal, case postapocalíptica e lembramos todas esas películas de catástrofes que conforman o noso imaxinario colectivo. Pero vemos tamén persoas sorrir de balcón a balcón, comunidades de veciños organizándose para que non lle falte de nada á señora do quinto que vive sola, e un montón de iniciativas para nos entreter neste confinamento. Por no falar de todo ese persoal sanitario e doutros sectores, que traballan día e noite para tentar devolvernos a degoirada normalidade o antes posible. Todo isto énchenos de esperanza porque así é como conseguiremos superar esta situación: unidos, esperanzados, quedando na casa o maior tempo posible e sendo conscientes de que a vida non volverá ser exactamente igual, porque tenemos moito que revisarnos como sociedade.

A literatura tense convertido na nosa liberdade de movemento durante estes días. E queremos, PRECISAMOS, que se sigan escribindo historias que nos fagan ver a realidade dende outros prismas. Por iso, este ano presentamos o VII Certame de Relatos Vigo Histórico nun contexto complicado e extraordinario: a crise sanitaria do Covid-19.

Todo o equipo de Editorial Elvira ten reflexionado en profundidade sobre a posibilidade de adialo; pero, ao tratarse dunha convocatoria e que non pon en risco ninguna das medidas de distanciamento social que se recomendan dende o goberno, temos decidido seguir adiante coas datas que tiñamos previstas para esta aventura editorial á que temos tanto agarimo. Prescindimos de convocar a rolda de prensa habitual e botámonos a grabar este video para anunciar a posta en marcha da sétima edición do Certame de Relatos Vigo Histórico.

O noso obxectivo principal é dar saída a toda esa paixón literaria que nos rodea, que é moita e, segundo a nosa experiencia en anteriores edicións do certame, de gran calidade. O mundo está enchido de grandes escritores e escritoras e este é o mellor xeito que atopamos para darvos o lugar que vos merecedes.

O centro deste certame é Vigo, sendo fundamental que a nosa cidade teña un papel protagonista nos relatos participantes. E estamos a poñérvolo doado porque se trata dun escenario de granito que ten sido punto de partida para centos de historias. Un lugar no que o olor a mar e a humidade envólveo todo e que flúe a través dunha conciencia colectiva curiosa.

Os prazos son moi parecidos aos de anos anteriores: empeza a recepción de relatos ás 00:00 horas do venres 27 de marzo e acaba ás 23:59 horas do 1 de xullo. A partir dese momento o xurado terá arredor de dous meses e medio para ler os relatos, reunirse e facer as súas valoracións. Notificaranse os relatos gañadores nun acto informativo no mes de setembro e farase a entrega de premios nunha gala cuxa data será fixada a finais deste ano, na que tamén presentaremos Relatos na rúa VII, un libro no que publicaremos os relatos gañadores (primeiro premio, segundo premio e accésits) xunto a unha selección dos relatos que máis gustaron entre o xurado.

Na nosa web podedes acceder ás bases do certame, que estamos seguros de que resolverán calquera dúbida que vos poida xurdir.

Estamos convencidos de que en tempos revoltos a creatividade é a mellor das terapias para tentar xestionar a incerteza (que é moita e en moitos eidos). Así que, dende o noso confinamento, nos temos proposto seguir poñendo en valor eses universos creativos que nestes intres funcionan como inhibidores dunha realidade que supera a calquera ficción que tivésemos podido ler (ou editar).

Queremos aproveitar para presentarvos un novo proxecto paralelo ao Certame de Relatos Vigo Histórico, que xorde a raíz de toda esta situación na que a solidariedade se fai vital. «Lemos convosco» nace do compromiso de devolverlles aos nosos maiores toda esa tradición oral que nos teñen regalado e grazas á que seguen vivas moitas das nosas lendas. En todo este vórtice de noticias, pésanos especialmente a vulnerabilidade deste sector da poboación e queremos aportar o noso pequeno gran de area para coidar do seu benestar. E isto farémolo, en canto a situación de alarma sanitaria permita visitar residencias, visitando centros de día e asociacións, a través do acompañamento e da lectura dos relatos que conforman os diferentes volumes de Relatos na rúa. Esperamos a vosa colaboración neste novo proxecto, no que estamos a traballar e do que vos iremos informando en próximas datas.