María Reimóndez

Unha xigante ira colectiva

Precio habitual €11.00

A instalación da factoría de Citroën en Vigo representa un punto de inflexión que marcará o devir da cidade e a súa bisbarra. Dende a súa inauguración constitúese como un referente de progreso para milleiros de viguesas e vigueses. A fábrica e as súas industrias auxiliares, xunto aos estaleiros e o porto, son as bases sobre as que se sustenta a economía local e boa parte da economía galega. 

Paralelamente á cadea de produción, van medrando na cidade novas barriadas para abastecer a demanda de man de obra do tecido industrial local. As Travesas, Balaídos e o Polígono de Coia son o resultado de diferentes plans de vivenda deselvolvidos a partir dos anos cincuenta do pasado século. 

Como non podía ser doutro xeito, Isadora, protagonista da novela, mantén un vencello familiar coa Citröen, tamén é herdeira dese proceso urbano que chega ao seu cénit nos anos 80, cando Madrid se escribía con «V» de Vigo. 

Unha xigante ira colectiva é un relato sobre a amizade, sobre a procura da propia identidade sen ataduras, de loita colectiva, e tamen un xeito de dar visibilidade a xeracións de mulleres viguesas en prol da igualdade e da xustiza. 

Alberto Vilaboa Pérez

Fotografías: Roberto Alonso
Páxinas: 60
Encadernación: Tapa Branda
Língua: Galego
ISBN: 978-84-948786-3-3
Marzo, 2019

Compartir este producto


Más de esta colección