Antón Patiño

Libro dos lugares

Precio habitual €20.50

Libro dos lugares desenvolve unha aventura literaria en liberdade. Unha viaxe aos lugares imantados, itinerarios dos encontros nunha fusión de xéneros. 

Un remuíño de relatos que nos levan á arte, á literatura e á vida. Esculcas de pulsión creativa, pensamento imaxinativo, itinerario do devalo vital. Ensaio, poesía, crónica, narrativa, memoria, soño... Que vén ser o Libro dos lugares?

«Esta obra, ensaio ascensional, vén ser o que Gaston Bachelard chamaría "a transfiguración do peso en luz". Enterrádeme de pé no Libro dos Lugares». 

Manuel Rivas

«Luzes ofrece nas páxinas de creación unha escolma de faísca da próxima obra do pintor, poeta e ensaísta senti-pensante Antón Patiño (Monforte, 1957), un libro no que o maxín crea un hábitat feito coa escritárbore. Un extraordinario feitizo, un agasallo para a cultura galega e universal». 

Revista Luzes

 

Páxinas: 424
Encadernación: Tapa Branda
Lingua: Galego
ISBN: 978-84-946312-0-7
Maio, 2017

Compartir este producto


Más de esta colección