O avó Breixo acaba de morrer. A súa neta María lémbrao aproveitando os fíos de néboa que permanecían na memoria del, recuperando as andanzas súas, da avoa Xona e demais membros da familia. Dálles voz e déixaos que falen de cadaquén. O resultado ás veces é «delicado»:
Breixo: Meu fillo Ighnasio traballando comigho? É un lacasán!
Ignacio: Amólame traballar por dous…
Breixo: Me fillo Fransisco? É un fillo do demo!
Francisco: Poida…
Breixo: Á miña muller non lle vira o rumbo nin unha ghalerna!
Xona: Cagho na nai que os botou a todos!
Con humor rentranqueiro, a narradora percorre historias, anécdotas e soños da sú saga familiar.