Só nin se ri nin se chora – EDICIÓN ESPECIAL

Amadeo Cobas

25,00

Edición especial limitada a 100 exemplares numerados, asinados e intervidos polo autor. 

O avó Breixo acaba de morrer. A súa neta María lémbrao aproveitando os fíos de néboa que permanecían na memoria del, recuperando as andanzas súas, da avoa Xona e demais membros da familia. Dálles voz e déixaos que falen de cadaquén. O resultado ás veces é «delicado»:

Breixo: Meu fillo Ighnasio traballando comigho? É un lacasán!

Ignacio: Amólame traballar por dous…

Breixo: Me fillo Fransisco? É un fillo do demo!

Francisco: Poida…

Breixo: Á miña muller non lle vira o rumbo nin unha ghalerna!

Xona: Cagho na nai que os botou a todos!

Con humor rentranqueiro, a narradora percorre historias, anécdotas e soños da sú saga familiar.

Autor

Información adicional

Páxinas: 224 (+ 2 cartas)
Encadernación: Tapa Dura
Lingua: Galego
Ilustracións: Mariano Castillo
ISBN: 978-84-120562-2-8
Setembro, 2020