«Onde poderá chegar o home coa súa intelixencia?».
Esta pregunta abofé podería ser o limiar para entender o que suxire Ramón Carredano nesta obra, mestura de pasado, presente e futuro nunha realidade imaxinativa e creadora de novos conceptos: que raio é un cronovixiante?
Un xogo.
Un xogo que comeza aló a finais do século XVIII a causa do enxeño dunha mente privilexiada, «a disparatada ocorrencia dun vello tolo», se cadra, cun prezado viño como recompensa e peza vertebradora. A acción vai subindo a súa intensidade co avance das páxinas, da sorpresa pásase á vertixe para o lector, ansiando desvelar os enredos nos que o mergullen os estraños feitos acontecidos no Pazo de Reiriz.
Unha viaxe no tempo. Amores, espionaxe, misterio, historia real (Xosé Ferreiro, Jorge Juan …) e ficción, palabras reviradas: Enrev, Nosnevets, ata o encaixe maxistral das pezas nun final inesperado no que todo cobra sentido.
Amadeo Cobas
Este libro obtivo o segundo premio no Certame Vilar Ponte 2019.