PREVENDA: Se falases de min

Antonio García Teijeiro

38,00

A prevenda de Se falases de min contén:

  • Un exemplar da edición especial limitada aos primeiros 100 exemplares numerados, asinados e intervidos polo autor.
  • Envío de balde a través do servizo de mensaxería 48 horas de TIPSA. 

O periodo hábil de realización desta reserva vai desde o venres 16 de setembro do 2022 ás 00:01 horas, ata o xoves 29 de setembro do 2022 ás 23:59. Os envíos faranse o entre o venres 30 de setembro e o luns 3 de outubro de 2022.

A partir do día do lanzamento oficial do libro, poderán adquirirse exemplares da edición sin numerar na nosa tenda en liña e en calquera libraría mantendo o prezo de 38,00 €.

***

Non podemos definir este traballo como un libro. Non. Trátase dun «artefacto», un obxecto ambicioso que reivindica dende o seu inicio un contedor onde poesía, palabra, música e pintura se funden da man dos seus creadores a partir dos poemas e da narrativa de Antonio García Teijeiro. Paco Ibáñez, Alberto Cunha, Xulio García Rivas e o poeta dan vida propia a Se falases de min nun proxecto singular que reúne nunha soa obra tanta sensibilidade. Unha viaxe de autenticidade cos poemarios «Palabras envoltas en cancións» e «Cando caen as follas» que inspiran as pinturas que os acompañan e as inconfundibles voces que interpretan os poemas. Testemuño dos seus creadores que nos mostra a maxia que existe cando se mesturan diferentes xeitos de expresión para se converter en arte.

DESCARGA O DISCO EN FORMATO DIXITAL

Autor

Información adicional

Obras de cuberta e interior: Xulio García Rivas
Intérpretes das cancións: Paco Ibáñez e Alberto Cunha
ISBN: 978-84-125185-4-2
Encadernación: Tapa dura
Páxinas: 192

Setembro, 2022

También te recomendamos…