Poemáforos – Poesía Aforística

Celso Emilio Ferreiro

22,00

Segundo libro da Colección Moraima, este tesouro cheo de sorpresas que é Poemáforos, de caste grega o seu nome, é unha mostra brillante de Poesía Aforística Celso Emilio, coma un arcano gardarroupa repleto de roupaxes de valor, o valor que teñen os pensamentos deixados ao antollo do fado, dentro do colo dun gastado libro, un segredo gardado, como o testemuño esquecido nas páxinas do sorbedoiro da vida, as cales abrollan agora de súpeto, cheas de xenio e carácter.

Estes Poemáforos son poesía, pero moito máis que un simple axitar da lira. Están cheos de belixerancia e a súa presenza editorial é unha declaración de principios. Sitúanse do lado incorrecto, politicamente falando, no seu tempo e no tempo de hoxe. Hai neles toda intención política e ideolóxica posíbel. Esta obra reafirma a forza da Poesía Aforística Celso Emilio como vehículo de reflexión, memoria e identidade.

A temática é variada e recorrente no caso da poesía de Celso Emilio: Galicia, emigración, os intelectuais do seu tempo, o poder, o desterro, a cultura, a amizade, a liberdade, o amor, etc. Este Libro roxo dos aforismos, ágape de aforismos moi ferreirianos que o envolve todo, crea ese artefacto de cincuenta e cinco anos de idade —fogar onde viviron esquecidos—, esta arma poética aforística sen contemplacións ao respectábel.

Como barrenos nunha noite estrelada e apracíbel.

Máis información sobre a obra nestes artigos:

Versos e Aloumiños: «POEMÁFOROS», UN NOVO TÍTULO DA COLECCIÓN «Moraima», de CELSO EMILIO FERREIRO (Editorial Elvira).

Presentación del libro ‘Poemáforos’ de Celso Emilio Ferreiro – Planomato | Planomato

Versos e Aloumiños: Audio da presentación de POEMÁFOROS de Celso Emilio Ferreiro

Autor

Información adicional

Páxinas: 238
Encadernación: Tapa blanda
Lingua: Galego
ISBN: 979-13990985-9-4
Xaneiro 2026

También te recomendamos…