Sobre a obra:
Esta historia empeza unha madrugada de abril de 2010,
cando alguén mata a Ramiro Gallego, de 83 anos.
O fillo maior de Ramiro, Ricardo, encárgalle ao comisario xubilado
Xosé Sánchez Pereiro que investigue o asasinato do seu pai…
Así empeza unha historia que fala de morte e de loucura,
pero tamén de amor e de esperanza.
E, sobre todo, de poesía accesible
que poderás escoitar a través dos códigos QR
que levan algúns capítulos.
Sobre o autor:
Antonio Tizón naceu en Aranga, A Coruña, en 1960.
É xornalista, novelista e poeta
e trasladou ás súas obras a súa experiencia vivida
co trastorno bipolar.
Esta novela é a última dunha serie que protagoniza
o comisario Sánchez Pereiro.








