Herbario da noite pecha

Lupe Gómez

16,00

Dous poemarios escritos en lingua galega e castelá por
Lupe Gómez e Morales Monterríos respectivamente son os gañadores do I Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza. Esta iniciativa, creada pola Asociación Cultural Évame Oroza no ano que se cumpriu o centenario do nacemento do poeta (2023), pareceunos o mellor xeito de reivindicar e poñer en valor o legado recibido polo poeta oral, quizais o máis destacado do século XX. Así pois, naceu o certame, co apoio institucional da Xunta de Galicia dende a súa Consellería de Cultura, e na súa primeira edición recibiu máis de 1.100 poemarios en lingua galega e castelá.

Estamos moi satisfeitos pola calidade dos traballos recibidos, a participación de poetas dende todos os recunchos do Estado e por ter cruzado o Atlántico para atopármonos cos nosos irmáns en América, con achegas de practicamente todo o continente.
O xurado composto por Ramón Rozas Domínguez, María Álvarez Landesa, An Alfaya e Antonio García Teijeiro como presidente elixiu como gañador na modalidade en lingua galega o poemario Herbario da noite pecha de Lupe Gómez.

Segundo se recolle na resolución: «Destaca desta obra a linguaxe limpa, transparente e luminosa dos seus versos. O seu carácter sensorial é quen de transportar o lectorado cara a un universo da memoria vencellada coa infancia a través dunha ollada tenra e feminina. Un poemario directo de verso curto, onde se percibe o latexo da terra».

Autor

Información adicional

Páxinas: 128
Encuadernación: Tapa Blanda
Lingua: Galego
© das fotos do interior: Lupe Gómez (fotos dos anos 90, aldea Fisteus)
© da fotografía da autora: Arxina (Nós Diario)
ISBN: 978-84-127833-2-2
Maio, 2024

También te recomendamos…