Escrito en lingua galega é unha proposta que conxuga os recordos infantís coa mitoloxía, a natureza e a fauna do Courel, a través dos ollos dunha meniña. Francesca d´a Silva, artista multidisciplinar, ten dedicado a súa carreira á pintura, con preciosas acuarelas, á escultura en barro e, por riba de todo, á escritura infantil. Comeza o seu acercamento á prosa infantil a través dun blog de poesía coa participación dos nenos e nenas. Ademais de escribir ilustra as súas propias obras.