Contos da beiramar

Fernando A. Fernández Domonte

19,80

Nestes Contos da beiramar ficción e realidade mestúranse como envoltas pola mesma onda. Haberá quen dean por certos moitos dos feitos que neles se narran, mentres que sobre outros pensarán que non son máis que produto da imaxinación do autor. Pero podería ser xustamente ao revés. Porque ficción e realidade fanse mutuos préstamos para poñer diante dos ollos do lector vivencias cotiás ou singulares episodios protagonizados por mariscadoras, mariñeiros, funcionarios, persoal das confrarías de pescadores e ata algún carguito, taberneiro ou pescador furtivo, que de todo hai. Cousas que pasaron e pasan na beiramar, contadas con desenfado e certo agarimo, onde a retranca popular non deixa de ser un persoeiro máis. Uns relatos que, ademais de recrearse coa lectura e coñecer dende dentro anacos do mundo do mar, permiten xogar ás adiviñas.

Autor

Información adicional

Páxinas: 320
Encadernación: Tapa Branda
Lingua: Galego
ISBN: 978-84-122609-4-6
Setembro, 2020