Asasinato de Mael de Serpentiones

Rodrigo Cota

11,00

Os castros galegos construíanse, polo xeral, nun outeiro con boa visibilidade. As abas do monte aproveitábanse para a defensa, onde se levantaban varios recintos amurallados.

A cultura castrexa acada o seu esplendor na Idade de Ferro. A economía tiña unha base agrícola e gandeira. Tamén despuntou a industria mineira, a metalurxia en bronce deu paso ao ferro, no que se fabricaban utensilios domésticos e armas. Daquela, xa practicaban unha artesanía de fermosa factura en forma de aneis, colares ou brazaletes.

O desenvolvemento da sociedade castrexa acadou certa prosperidade material. A fabricación de armas fai supoñer a existencia dunha elite de guerreiros, poren non hai evidencias da fama belicosa das tribos galaicas. Os achados arqueolóxicos suxiren unha organización urbana do castro, na que se poden observar diferencias sociais, os máis poboados, incluso, podíanse dividir en barrios; así mesmo reservábase espazo para os rituais relixiosos, construcións comunais, zonas para horta e animais domésticos. A estrutura social estaba vencellada á familia e o parentesco; os castrexos organizábanse xerarquicamente cunha distribución desigual da riqueza, aínda que primaba o comunidade por riba do individuo.

Asasinato de Mael de Serpentiones narra como a chegada de Marco Tulio ao castro de Serpentiones vai acompañada dun tráxico suceso. O corpo sen vida do xefe da tribo racha coa sinxela vida castrexa, e as sospeitas non tardan en xurdir. Quen é o asasino? Cales foron os motivos de tanta crueldade? A través da intriga e o humor retranqueiro irase revelando a verdade.

Alberto Vilaboa Pérez

Autor