Sentado diante da fiestra é un libro que recolle 50 artigos de Antonio García Teijeiro, publicados no suplemento «Estela», do Faro de Vigo (2020‒2024), e un máis dedicado ao Centenario do Real Club Celta de Vigo.
Este conxunto de artigos de reflexión cultural galega ofrece unha ollada persoal e comprometida sobre o mundo contemporáneo.
Nestes textos, Antonio García Teijeiro expón boa parte dunha vida a través duns artigos que nacen da reflexión sobre a sociedade e sobre as artes.
Os libros, o deporte, a lingua e a música son clave para entender a obra e o compromiso do autor nun mundo complexo e contraditorio.
Son unha aproximación moi clara ao seu pensamento tanto social coma cultural, en que artistas, músicos, escritores, cancións e literatura están presentes, sempre relacionados coa forma de ver certas realidades máis alá do que temos diante.
Con este libro ábrense horizontes claros para que o lectorado se identifique coas palabras e poida percibir sensacións que o fagan pensar.
Estes artigos de reflexión cultural galega funcionan tamén como un espazo de encontro entre a experiencia persoal e a mirada crítica sobre o tempo presente.
Magníficas as pinturas de Xulio García Rivas, e moi suxestivos o limiar e o epílogo de Manuel Bragado e Xabier Romero, que centran unha obra tan particular como universal.
Máis información sobre a obra nestes artigos:
Entrevista a Antonio García Teijeiro sobre o seu novo libro, «Sentado diante da fiestra»






































