Afouteza Celtista – Gramática do fútbol celeste

Manuel Bragado

25,00

Este libro recolle un monllo de prosas celestes que o editor e mestre celtista Manuel Bragado compartiu nas tres últimas décadas. Escritas dende a urxencia da súa publicación inmediata e da ollada crítica dun abonado de Río Alto, dos que forman o lío, como desvelaba a foliada do grupo A Roda, recuperan do esquecemento algúns dos episodios máis destacados da historia celeste: a fundación centenaria; o significado das cores do vestiario; o carácter sagrado do estadio de Balaídos; a afouta sobriedade na obtención de grandes trofeos; a súa indiscutible competitividade na Primeira División, bautizada como afouteza, que o converteu no primeiro club de fútbol de Galicia seguido en todo o planeta.

Textos escritos en tensión, coas emocións do seareiro e o espírito didáctico do profesor, sen perder a vontade de estilo nin a fala popular viguesa nin a retranca nin a hipérbole coa que se comparten xornadas celestes felices e outras de interminables padeceres celtistas. Crónicas de partidos dos adestradores das últimas décadas, nos que se dedica maior atención á revolución liderada por Claudio Giráldez, responsable da alquimia entre figuras experimentadas e promesas da canteira, que devolveu o Celta de Vigo á competición europea e fixo estoupar un novo celtismo global e interxeracional.

Máis información sobre a obra nestes artigos:

Manuel Bragado presenta en la sede del Celta su gramática del sentimiento celeste – VigoÉ

Manuel Bragado, escritor: «Afouteza é unha forma de enfrontarse á vida»

Bragado presentou a súa «Afouteza»

Manuel Bragado: «Neste libro hai moita emoción e moito celtismo» | Hoy por Hoy Vigo | Cadena SER

Entrevista a Manuel Bragado sobre su nuevo libro del Celta, ‘Afouteza celtista’: «O Celta é a expresión do desexo de modernidade de Vigo»

Capítulo 1732 – 20-03-26 – CÍES Podcast

Autor

Información adicional

Páginas: 352
Encuadernación: Tapa Blanda
Lengua: Galego
Fotografía de cuberta: Marta G. Brea
ISBN: 979-13-991668-3-5
Marzo, 2026