A pantasma de Lourizán

María Varela

11,00

O Pazo de Lourizán representa unha historia de esplendor e ao mesmo tempo de abandono. A comezos do século xx Eugenio Montero Ríos, presidente do consello de ministros en 1905, durante o reinado de Alfonso XIII, encargou ao arquitecto Jenaro de la Fuente a construción do actual pazo para a súa residencia de verán. Nos seu cuartos, hospedáronse persoeiros da política e cultura do país. Alí firmouse o Tratado de París, onde se cederon as derradeiras colonias do imperio español. O feito marcaría un período de crise, que semellaba o futuro declive do pazo. Co tempo, a finca foise ampliando e reformando ata se converter nun fermoso xardín declarado Ben de Interese Cultural. Nel crecen moitas das especies vexetais senlleiras de Galiza da man do Centro de Investigación Forestal. Porén, o edificio modernista non correu a mesma sorte que o Xardín Botánico: hoxe érguese fachendoso pero cun poso de soidade.

 

Montero Ríos puxo no mapa as parroquias de Praceres e Lourizán, trocándoas nun destino de lecer para toda a comunidade. Os marabillosos areais e a riqueza marisqueira e paisaxística do lugar sufriu, no ano 1958, a imposición franquista de reencher a baía e instalar a coñecida «celulosa» de Pontevedra, unha tacha medioambiental que é difícil de defender polos poucos réditos obtidos en comparación co que se perdeu e aínda se está a perder.

 

A pantasma de Lourizán retrata a dúas voces o presente e o pasado do pazo e xardíns de Lourizán. A veciñanza aproveita a casa de baños no areal de Praceres na tempada de verán, a conversa en boca de todos é a inminente visita real á vila pontevedresa. Mentres, persoeiros da política e xentes da alta sociedade frecuentan o pazo e mesmo gozan da paisaxe e dun entorno espectacular, pero un feito inesperado racha coa rutina estival…

                                                              Alberto Vilaboa

Autor

Información adicional

Fotografías: Arquivo fotográfico Diario de Pontevedra e Museo de Pontevedra
Páxinas: 64
Encadernación: Tapa Branda
Língua: Galego
ISBN: 978-84-128006-1-6
Decembro, 2023

También te recomendamos…