A mirada ATLÁNTICA

Antón Patiño

27,00

A mirada ATLÁNTICA é unha escolma con escritos de Antón Patiño sobre a modernidade cultural de Galiza. Á procura dunha ollada universal dende a atalaia da fin de europa. Situado na Fisterra atántica podemos trazar unha cartografía onde a pegada da paixase e mais o ronsel antropolóxico estean presentes nunha visión panorámica.

O latexo da modernidade cultural na Galiza contemporánea, a do século XX e deste primeiro tramo do XXI. Tempo de cambios, incertezas, mutacións e tamén de constantes que se manteñen como paradigmas. Un impulso de reinvención dende a modernidade emerxe en moitas esculcas de plenitude creadora.

Arte, narración, poesía, ensaio, arquitectura, cinema. Achegarnos aos diferentes momentos dese devalo creativo axuda a configurar vieiros de análise e permite trazar liñas de interpretación. Artistas e creadores que contribúen a perfilar ese camiño na análise das respectivas obras. A mirada ATLÁNTICA responde a unha vontade cartográfica para establecer unha dimensión de conxunto na síntese das distintas aportacións e variadas poéticas na reinvención do imaxinario colectivo (a carón da dinámica universal).

Autor

Información adicional

Páxinas: 448
Encadernación: Tapa Branda
Lingua: Galego
Obra da cuberta: Lois Patiño
ISBN: 978-84125185-1-1
Abril, 2022