Antón Patiño

Edición especial de «Libro dos lugares»

Precio habitual €70.00

Atopámonos ante unha pequena obra de arte en forma de libro, por iso quixemos coidar cada un dos detalles. A edición especial de «Libro dos lugares» está completamente personalizada e limitada a unha tirada de 100 exemplares asinados e numerados: preséntase dentro dunha caixa serigrafiada e estampada a man cun debuxo propio do universo do autor. Ademais, para convertelo nun obxecto aínda máis único, cada libro vén acompañado por unha lámina orixinal e diferente feita por Antón Patiño. 

Os lugares, entendidos case coma un plano de conciencia, hai que visitalos pero é fundamental vivilos mentres nos empapamos dun infinito temporal que conforma as diferntes capas da realidade. En definitiva, sobre isto reflexiona Patiño no seu «Libro dos lugares». 

En palabras de Manuel Rivas:

«A crise das crises, a existencia, é a da Galicia Verbívora: a fin das verbas, a fin do nomear. Sen o activismo do nomear, non nacen os lugares e esmorecen na soidade abandonada os que o teñen. Sen nomear, marcharán até as nubes. Galicia non podería resistir o pesadelo dun ceo nubífago. Un ceo aborrecido, contrarrevolucionario». 

Páxinas: 424
Encadernación: Tapa Dura
Lingua: Galo
ISBN: 978-84-946312-0-7
Maio, 2017

Compartir este producto


Más de esta colección