Antón Patiño

Esquizoide EDICIÓN ESPECIAL

Precio habitual €30.00

Edición especial limitada a 100 exemplares numerados, asinados e intervidos polo autor.

O álbum Esquizoide (1978) representa unha proposta límite dentro do eido do cómic. Unha aposta experimental que xoga coa sintaxe do medio para o levar a unha dimensión de forte intensidade vangardista. Pasaron máis de catro décadas mais o proxecto segue emitindo a súa inquietante mensaxe. Segue a ser unha proposta radical, figura mesmo nun certo xeito inasimilábel.

Esta peculiar novela gráfica reflicte un desacougo que coido nace do contexto convulso daquela. Mantén aínda vivo o ecoar da loita contra a ditadura. A necesidade de berrar fronte a unha situación de inxustiza e cos atrancos para atopar unha verdadeira liberdade de expresión. Esa necesidade de expresión liberada das coercións do contexto estoura nun devalo heteróclito.

(...)

Esquizoide foi editado daquela polo Colectivo da Imaxe (grupo interdisciplinar formado xunto con Carlos Berride, Menchu Lamas e Jorge Agra) e agora esta nova edición vén saír grazas ao entusiasmo de Xabier e Rubén Romero e os amigos de Editorial Elvira e Fosfatina. Nova vida para Esquizoide (42 anos despois) nestes tempos convulsos do entrecortado 2020.

Páxinas: 64
Encadernación: Tapa Branda
Língua: Galego
ISBN: 978-84-120562-6-6
Xuño, 2020

Compartir este producto


Más de esta colección