Categorías
Certamen Vigo Histórico Editorial Elvira

Vigo en relatos

Como vedes esta sétima edición do Certame de Relatos Vigo Histórico vén cargada de novidades. Este ano quixemos obsequiarvos cun descargable, ao que podedes acceder facendo clic no cartel, e no que poderedes atopar os relatos gañadores de todas as edicións do noso certame.

Como veis esta séptima edición del Certamen de Relatos Vigo Histórico viene cargada de novedades. Este año hemos querido obsequiaros con un descargable, al que podáis acceder clicando sobre el cartel, y en el que podréis encontrar los relatos ganadores de todas las ediciones de nuestro certamen. 

Categorías
Certamen Vigo Histórico Editorial Elvira

CONVOCATORIA: VII Certame de Relatos Vigo Histórico

Estes días estamos mirando polas fiestras das nosas casas máis do habitual; o que vemos é unha cidade fantasmal, case postapocalíptica e lembramos todas esas películas de catástrofes que conforman o noso imaxinario colectivo. Pero vemos tamén persoas sorrir de balcón a balcón, comunidades de veciños organizándose para que non lle falte de nada á señora do quinto que vive sola, e un montón de iniciativas para nos entreter neste confinamento. Por no falar de todo ese persoal sanitario e doutros sectores, que traballan día e noite para tentar devolvernos a degoirada normalidade o antes posible. Todo isto énchenos de esperanza porque así é como conseguiremos superar esta situación: unidos, esperanzados, quedando na casa o maior tempo posible e sendo conscientes de que a vida non volverá ser exactamente igual, porque tenemos moito que revisarnos como sociedade.

A literatura tense convertido na nosa liberdade de movemento durante estes días. E queremos, PRECISAMOS, que se sigan escribindo historias que nos fagan ver a realidade dende outros prismas. Por iso, este ano presentamos o VII Certame de Relatos Vigo Histórico nun contexto complicado e extraordinario: a crise sanitaria do Covid-19.

Todo o equipo de Editorial Elvira ten reflexionado en profundidade sobre a posibilidade de adialo; pero, ao tratarse dunha convocatoria e que non pon en risco ninguna das medidas de distanciamento social que se recomendan dende o goberno, temos decidido seguir adiante coas datas que tiñamos previstas para esta aventura editorial á que temos tanto agarimo. Prescindimos de convocar a rolda de prensa habitual e botámonos a grabar este video para anunciar a posta en marcha da sétima edición do Certame de Relatos Vigo Histórico.

O noso obxectivo principal é dar saída a toda esa paixón literaria que nos rodea, que é moita e, segundo a nosa experiencia en anteriores edicións do certame, de gran calidade. O mundo está enchido de grandes escritores e escritoras e este é o mellor xeito que atopamos para darvos o lugar que vos merecedes.

O centro deste certame é Vigo, sendo fundamental que a nosa cidade teña un papel protagonista nos relatos participantes. E estamos a poñérvolo doado porque se trata dun escenario de granito que ten sido punto de partida para centos de historias. Un lugar no que o olor a mar e a humidade envólveo todo e que flúe a través dunha conciencia colectiva curiosa.

Os prazos son moi parecidos aos de anos anteriores: empeza a recepción de relatos ás 00:00 horas do venres 27 de marzo e acaba ás 23:59 horas do 1 de xullo. A partir dese momento o xurado terá arredor de dous meses e medio para ler os relatos, reunirse e facer as súas valoracións. Notificaranse os relatos gañadores nun acto informativo no mes de setembro e farase a entrega de premios nunha gala cuxa data será fixada a finais deste ano, na que tamén presentaremos Relatos na rúa VII, un libro no que publicaremos os relatos gañadores (primeiro premio, segundo premio e accésits) xunto a unha selección dos relatos que máis gustaron entre o xurado.

Na nosa web podedes acceder ás bases do certame, que estamos seguros de que resolverán calquera dúbida que vos poida xurdir.

Estamos convencidos de que en tempos revoltos a creatividade é a mellor das terapias para tentar xestionar a incerteza (que é moita e en moitos eidos). Así que, dende o noso confinamento, nos temos proposto seguir poñendo en valor eses universos creativos que nestes intres funcionan como inhibidores dunha realidade que supera a calquera ficción que tivésemos podido ler (ou editar).

Queremos aproveitar para presentarvos un novo proxecto paralelo ao Certame de Relatos Vigo Histórico, que xorde a raíz de toda esta situación na que a solidariedade se fai vital. «Lemos convosco» nace do compromiso de devolverlles aos nosos maiores toda esa tradición oral que nos teñen regalado e grazas á que seguen vivas moitas das nosas lendas. En todo este vórtice de noticias, pésanos especialmente a vulnerabilidade deste sector da poboación e queremos aportar o noso pequeno gran de area para coidar do seu benestar. E isto farémolo, en canto a situación de alarma sanitaria permita visitar residencias, visitando centros de día e asociacións, a través do acompañamento e da lectura dos relatos que conforman os diferentes volumes de Relatos na rúa. Esperamos a vosa colaboración neste novo proxecto, no que estamos a traballar e do que vos iremos informando en próximas datas.

Categorías
Certamen Vigo Histórico Editorial Elvira

Relatos premiados e publicables do VI Certame de Relatos Vigo Histórico

Aquí tedes a relación de relatos premiados do VI Certame de Relatos Vigo Histórico e dos relatos publicables en Relatos na rúa VI.

Noraboa a todas e todos!