News — Presentación

Presentación de "Neve detrás do cristal" da colección Historias para coñecermos Vigo

Historias para coñecermos Vigo Presentación

A rolda de presentacións da nos querida colección Historias para coñecermos Vigo, lévanos nesta ocasión ata Bouzas da man de Ledicia Costas, autora da novela Neve detrás do cristal, que pretende acercarnos ó barrio mariñeiro a través da literatura. Durante o acto, que terá lugar o vindeiro mércores 30 de novembro no Liceo Maritimo de Bouzas a partir das 20.30 horas, conversaremos coa escritora e co editor, Xabier Romero, sobre este libro tan xeitosiño e sobre a identidade de Vigo e dos seus barrios. Non volo podedes perder!

Leer más →


"Historias para coñecermos Vigo" nos levan pola cidade olívica da man de oito autores

Historias para coñecermos Vigo Presentación

O proxecto Historias para coñecermos Vigo veu hoxe a luz. Despois de moitos meses de traballo, estes oito libros nos permiten facer un percorrido polos barrios e lugares da cidade viguesa dende a ficción, a través das verbas e historias de oito escritores (Ledicia Costas, Francisco Castro, Marga do Val, María Lado, Amadeo Cobas, Santiago Lopo, Manuel Sánchez Gálvez e Clara do Roxo). Hoxe tivo lugar a presentación destes libros, editados pola Editorial Elvira en colaboración co Concello de Vigo. No acto estiveron presentes o alcalde de Vigo, Abel Caballero; a concelleira de Normalización Lingüística, Uxía Blanco, o editor Javier...

Leer más →