News — Historias para coñecermos Vigo

Lectura e sinatura de Historias para coñecermos Vigo

Detrás do Marco Historias para coñecermos Vigo Presentación

Estamos a organizar un evento moi especial para poder compartir con todos vós a alegría que nos produce a boa acollida que está a ter a colección Historias para coñecermos Vigo. Por iso queremos citarvos a todos o vindeiro xoves 29 de decembro, a partir das 19.00h en Detrás Do Marco (rúa Londres SN), para gozar dunha tarde chea de literatura e espírito vigués. Contaremos coa presenza dalgúns dos autores das historias que conseguen transportarnos a diferentes barrios da nosa cidade. Poderemos conversar con eles e preguntarlles curiosidades, mentres asinan exemplares e lennos un trocito dos seus respectivos libros. Ademais,...

Leer más →


Presentación de "Os consellos de Carlos Calvo" da colección Historias para coñecermos Vigo

Historias para coñecermos Vigo Presentación

Seguimos coa rolda de presentación dos fermosos libriños que forman parte  da colección "Historias para coñecermos Vigo". Nesta ocasión as letras de Manuel Sánchez Gálvez e as fotografías de Sandra mg, nos levan ata o Casco Vello da nosa cidade, tan cheo de empinadas costas, de pedra e de historias marabillosas. No acto, que terá lugar no Centro Cívico do Casco Vello (Rúa Oliva 12) a partir das 20:00 horas, falaremos co autor da narración, co editor Xabier Romero e con Clara do Roxo da Asociación Catro Patacos, sobre o libro e sobre a identidade do barrio. Non podedes faltar,...

Leer más →


Presentación de "Neve detrás do cristal" da colección Historias para coñecermos Vigo

Historias para coñecermos Vigo Presentación

A rolda de presentacións da nos querida colección Historias para coñecermos Vigo, lévanos nesta ocasión ata Bouzas da man de Ledicia Costas, autora da novela Neve detrás do cristal, que pretende acercarnos ó barrio mariñeiro a través da literatura. Durante o acto, que terá lugar o vindeiro mércores 30 de novembro no Liceo Maritimo de Bouzas a partir das 20.30 horas, conversaremos coa escritora e co editor, Xabier Romero, sobre este libro tan xeitosiño e sobre a identidade de Vigo e dos seus barrios. Non volo podedes perder!

Leer más →


Presentación de "Barricadas de Sal" da colección Historias para coñecermos Vigo

Historias para coñecermos Vigo

Seguimos coa rolda de presentacións da colección Historias para coñecermos Vigo, da que estamos moi orgullosos e parece que está a gustar moito ao público vigués. Nesta ocasión tócalle a quenda a Barricadas de Sal, novela curta escrita por Francisco Castro e que ten como escenario o barrio de Teis. Esperámosvos a todos o vindeiro luns 28 de novembro no Centro Cívico de Teis a partir das 20.00 horas para conversar sobre o libro co propio autor e co editor, Javier Romero. Unha maneira moi fermosa de coñecer a nosa cidade. Non faltedes!

Leer más →


Presentación de "Entre os dous hai un río" da colección Historias para coñecermos Vigo

Historias para coñecermos Vigo

Estamos encantados de comunicar que estades todos convidados á presentación de Entre os dous hay un río da colección Historias para coñecermos Vigo, este xoves ás 20.00 horas na biblioteca Xosé Neira Vilas,  Unha manerira ideal de percorrer a nosa cidade dende a literatura. Estarán presentes o editor Javier Romero e María Lado, a autora de esta fermosa historia que desenvólvese no Calvario e Lavadores. Esperámosvos!

Leer más →