News — Antón Patiño

Antón Patiño, militante da melancolía, presenta «Libro dos lugares» en Librouro

Antón Patiño Libro dos Lugares Presentación

Onte a presentación de «Libro dos lugares» foi un evento máxico no que a psicanálise e a filosofía flotaron entre as forzas telúricas dos alí presentes dunha forma moi natural. Ademáis de celebrar os 50 anos da emblemática librería Librouro, un espazo ben coñecido por todas e todos, reflexionouse sobre a arte, sobre a propia identidade, sobre a melancolía líquida e sobre os «non-lugares», por suposto. Para Editorial Elvira é un libro moi especial, do que estamos moi orgullosos e parécenos un agasallo en si mesmo. Un esforzo ilusionante que mereceu moito a pena, «Libro dos lugares» é un galano...

Leer más →


Presentamos «Libro dos lugares», o novo libro de Antón Patiño

Antón Patiño Libro dos Lugares Novedad

A portada xa nos avisa, atopámonos ante algo moi especial: o individuo, intimamente ligado ao contexto, preséntase como unha especie de exercicio de regresión a todas esas referencias que conforman a identidade, construída sobre unha base de sensacións efémeras e de forzas telúricas que baten co propio concepto de identidade.  Á primeira vista podería parecer que Libro dos lugares é un conglomerado de ideas mesturadas con vivencias do autor; memorias sen datas concretas, pero a verdade é que funciona como unha terapia de reconciliación profunda coa aprendizaxe que achega cada lugar, cada recuncho visitado e vivido. Porque os lugares, entendidos...

Leer más →