Presentación de "Os consellos de Carlos Calvo" da colección Historias para coñecermos Vigo

Historias para coñecermos Vigo Presentación

Seguimos coa rolda de presentación dos fermosos libriños que forman parte  da colección "Historias para coñecermos Vigo". Nesta ocasión as letras de Manuel Sánchez Gálvez e as fotografías de Sandra mg, nos levan ata o Casco Vello da nosa cidade, tan cheo de empinadas costas, de pedra e de historias marabillosas.

No acto, que terá lugar no Centro Cívico do Casco Vello (Rúa Oliva 12) a partir das 20:00 horas, falaremos co autor da narración, co editor Xabier Romero e con Clara do Roxo da Asociación Catro Patacos, sobre o libro e sobre a identidade do barrio.

Non podedes faltar, entre todos seguimos facendo cidade!


Publicación más antigua Publicación más reciente