Presentación de "Barricadas de Sal" da colección Historias para coñecermos Vigo

Historias para coñecermos Vigo

Seguimos coa rolda de presentacións da colección Historias para coñecermos Vigo, da que estamos moi orgullosos e parece que está a gustar moito ao público vigués. Nesta ocasión tócalle a quenda a Barricadas de Sal, novela curta escrita por Francisco Castro e que ten como escenario o barrio de Teis.

Esperámosvos a todos o vindeiro luns 28 de novembro no Centro Cívico de Teis a partir das 20.00 horas para conversar sobre o libro co propio autor e co editor, Javier Romero. Unha maneira moi fermosa de coñecer a nosa cidade.

Non faltedes!


Publicación más antigua Publicación más reciente