Pechado o prazo de entrega do IV Certame de Relatos Vigo Histórico

Certamen Relatos na rúa Vigo-Histórico

O pasado 30 de xuño pechouse o prazo de entrega e, despois duns días de revisión e selección, por fin podemos contarvos os datos de participación no IV Certame de Relatos Vigo Histórico. Estamos moi contentos co resultado porque a calidade dos escritos é máis alta cada ano que pasa, o que demostra o poder creativo de todos os que apoiades e participades neste certame. De verdade, grazas. Grazas porque é un gustazo lervos e grazas por dedicar o voso tempo para darlle o protagonismo que a nosa cidade merécese. 
Recibimos case 200 relatos dos que finalmente foron admitidos 166, procedentes de moitos lugares de fala hispana (de dentro e fóra da península). 
Como curiosidade podemos comentar que aumentou a cantidade de relatos enviados desde Vigo en comparación con outros anos. Isto fainos especial ilusión porque significa que o certame goza de boa aceptación entre os nosos paisanos e que, aos poucos, empeza a ser un referente na literatura da cidade. Tamén nos parece importante sinalar que case un terzo dos relatos recibidos están escritos en galego e que cada ano que pasa apréciase unha participación máis equitativa en canto ao xénero (do 50% aprox). O xurado dará a coñecer os gañadores entre os días 29 de setembro e 6 de outubro e no mes de decembro realizarase o acto de entrega dos premios e a presentación do libro Relatos na Rúa (cos relatos premiados e unha selección dos mellores). Haberá un primeiro premio de mil euros para o gañador, un segundo premio de 500 euros e ata 4 accésits de 200 euros cada un.

Aproveitamos unha vez máis para agradecer a Tressis o seu labor e a súa participación como patrocinador privado, así como a presenza e o apoio do Concello de Vigo, porque sen eles este certame non sería posible.

Moita sorte e grazas a todos e a todas!


Publicación más antigua Publicación más reciente