Lectura e sinatura de Historias para coñecermos Vigo

Detrás do Marco Historias para coñecermos Vigo Presentación

Estamos a organizar un evento moi especial para poder compartir con todos vós a alegría que nos produce a boa acollida que está a ter a colección Historias para coñecermos Vigo. Por iso queremos citarvos a todos o vindeiro xoves 29 de decembro, a partir das 19.00h en Detrás Do Marco (rúa Londres SN), para gozar dunha tarde chea de literatura e espírito vigués.

Contaremos coa presenza dalgúns dos autores das historias que conseguen transportarnos a diferentes barrios da nosa cidade. Poderemos conversar con eles e preguntarlles curiosidades, mentres asinan exemplares e lennos un trocito dos seus respectivos libros. Ademais, como o calquera serán que se prece, é necesario algo de música, do que se encargará a guitarra de Fernando Branco, tocando para nós en directo. Unha ocasión ideal para seguir facendo cidade e celebrar a entrada do novo ano que seguro que vai ser moito mellor que o anterior.
Aproveitamos tamén para desexarvos unhas moi felices festas, de parte de todo o equipo de Editorial Elvira.
Bo Nadal!

Publicación más antigua Publicación más reciente