Primeiro premio, segundo premio e accésits do V Certame de Relatos Vigo Histórico

Certamen Relatos na rúa Vigo-Histórico

Chegou o momento de dar a coñecer os nomes dos escritos gañadores do V Certame de Relatos Vigo Histórico. Xa sabedes que este é un día moi emocionante para todo o equipo de Editorial Elvira porque este certame é unha parte moi importante do espírito da editorial. Xa levamos cinco anos querendo pór en valor toda a creatividade da nosa cidade, chea de pedra e de humidade. 

Está mañá, coma todos os anos, tivo lugar unha rolda de prensa na Casa Galega da Cultura, para facer pública a listaxe dos relatos galardoados. Este acto contou coa presenza do concelleiro de Comercio Ángel Rivas; o editor, Xabier Romero; o xornalista Jacobo Buceta e a escritora Ledicia Costas en calidade de membros do xurado. Ramón Lourido estivo en representación do noso patrocinador privado Abanca. E tamen estivemos na compaña de Cristina Lago, presidenta da Fundación Igual Arte, coa que colaboramos activamente destinando aos seus fondos un euro de cada exemplar vendido de Relatos na rúa V, unha pequena axuda para que poidan seguir facendo un traballo tan fermoso e necesario. 

Unha edición máis o noso xurado tivo a laboriosa misión de escoller, entre os relatos presentados ao certame, un primeiro premio de 1000 euros, un segundo premio de 500 euros e catro accésits de 200 euros cada un. O xurado encargado de tomar esta decisión está formado por diferentes persoas relacionadas có mundo da cultura: o pintor Antón Pulido, o editor Bieito Ledo, a filológa e mestra Concepción Varela, a escritora Ledicia Costas, o xornalista Jacobo Buceta, a filóloga e poeta Patricia Meira, a xornalista Noelia Otero Lago e o profesor e escritor Julio Alonso. 

Aproveitamos para dar os nosos parabéns aos premiados e premiadas e lembramos que dentro de moi pouquiño tamén publicaremos a listaxe de todos os relatos que van formar parte de Relatos na rúa V, libro que recompila os mellores relatos presentados ao certame e que presentaremos na Gala de entrega de premios que terá lugar en próximas datas e prometemos vai ser un acto moi especial. Tamen nos gustaría darlle as grazas á Abanca e ao Concello de Vigo pola súa implicación no certame. 


Publicación más antigua Publicación más reciente