News

Pechado o prazo de entrega do IV Certame de Relatos Vigo Histórico

Certamen Relatos na rúa Vigo-Histórico

O pasado 30 de xuño pechouse o prazo de entrega e, despois duns días de revisión e selección, por fin podemos contarvos os datos de participación no IV Certame de Relatos Vigo Histórico. Estamos moi contentos co resultado porque a calidade dos escritos é máis alta cada ano que pasa, o que demostra o poder creativo de todos os que apoiades e participades neste certame. De verdade, grazas. Grazas porque é un gustazo lervos e grazas por dedicar o voso tempo para darlle o protagonismo que a nosa cidade merécese. Recibimos case 200 relatos dos que finalmente foron admitidos 166, procedentes...

Leer más →


Ás veces ocorre (por José Manuel Varela)

Cuento Ilustradro Francesca López d'a Silva Nerón

Ás veces ocorre. Hai intres nos que se atopan pequenos oasis nos que a paz resplandece titilando na noite das nosas rutinas. Unha paz que sosega o esprito e o alimenta con soños e con vivencias compartidas. Non hai moito tempo ocorreu. Un deses intres apareceu no camiño. Era a presentación dun libro. Os libros son algo máxico, pero este éo dunha maneira especial. Os libros recórdannos que no comezo da escritura, en tempos xa esquencidos, o coñecemento das letras e o dereito a plasmalas estaba reservado a uns poucos. Non só eran vehículos de coñecemento, senón que tamén eran...

Leer más →


IV Certame de Relatos Vigo Histórico

Certamen Presentación Vigo-Histórico

Chegou un dos días máis importantes do ano para o equipo de Editorial Elvira, a presentación da cuarta edición do Certame de Relatos Vigo Histórico. Tivo lugar onte nas oficinas de Tressis, o noso patrocinador privado sen o que sería imposible toda esta aventura, e estiveron presentes Xabier Romero, Jacobo Buceta como membro do xurado, Sara Alonso en nome de Tressis e o alcalde Abel Caballero. Todo baixo o influxo do marabilloso cartel de Cynthia Alfonso que, pensamos nós, recolle a identidade viguesa á perfección, con esa mestura de tradición e modernidade e coa presenza da Panificadora como un dos...

Leer más →


Lectura e sinatura de Historias para coñecermos Vigo

Detrás do Marco Historias para coñecermos Vigo Presentación

Estamos a organizar un evento moi especial para poder compartir con todos vós a alegría que nos produce a boa acollida que está a ter a colección Historias para coñecermos Vigo. Por iso queremos citarvos a todos o vindeiro xoves 29 de decembro, a partir das 19.00h en Detrás Do Marco (rúa Londres SN), para gozar dunha tarde chea de literatura e espírito vigués. Contaremos coa presenza dalgúns dos autores das historias que conseguen transportarnos a diferentes barrios da nosa cidade. Poderemos conversar con eles e preguntarlles curiosidades, mentres asinan exemplares e lennos un trocito dos seus respectivos libros. Ademais,...

Leer más →


Presentación de "Os consellos de Carlos Calvo" da colección Historias para coñecermos Vigo

Historias para coñecermos Vigo Presentación

Seguimos coa rolda de presentación dos fermosos libriños que forman parte  da colección "Historias para coñecermos Vigo". Nesta ocasión as letras de Manuel Sánchez Gálvez e as fotografías de Sandra mg, nos levan ata o Casco Vello da nosa cidade, tan cheo de empinadas costas, de pedra e de historias marabillosas. No acto, que terá lugar no Centro Cívico do Casco Vello (Rúa Oliva 12) a partir das 20:00 horas, falaremos co autor da narración, co editor Xabier Romero e con Clara do Roxo da Asociación Catro Patacos, sobre o libro e sobre a identidade do barrio. Non podedes faltar,...

Leer más →