Categorías
Certamen Vigo Histórico Editorial Elvira

Relatos na rúa VII ya está aquí

SÉPTIMO CERTAMEN de relatos Vigo Histórico, convocado por Editorial Elvira, del que nace el libro Relatos na rúa VII. En esta ocasión con 26 relatos, entre los que encontramos ganador, segundo premio y accésits.

Este año lo más complicado no ha sido elegir a los premiados y publicados, aún cuando el debate del jurado ha sido intenso por la calidad de los trabajos presentados. Lo complicado ha sido convocar el certamen en pleno confinamiento, adaptándonos a las circunstancias y lanzándolo online. En marzo, la incertidumbre de conseguir que el certamen se realizase teniendo una participación aceptable era máxima. Seguimos adelante y recibimos una cantidad importante de relatos, cierto que un poco menos que otros años, pero muy respetable. Fue difícil también hacer las reuniones con el jurado, compuesto por: Concepción Varela, Patricia Meira, Noelia Otero, Ledicia Costas, Antón Pulido, Julio Alonso, Bieito Ledo, Jacobo Buceta, José Luis Mateo y María Lado, que como siempre estuvo a la altura de las circunstancias, poniendo toda la voluntad para sacar adelante el certamen, que ya asumen como algo propio, que culmina cada año con el libro Relatos na rúa.

Felicitar a los premiados y premiadas de este año, así como a los publicados y publicadas. El jurado eligió como ganador al relato: El fabuloso tonto triste, de Miguel Cuervo Pérez; como segundo premio: Hopper en el Vitruvia, de Eduardo Fernán-López; y como accésits: 4 Gatos, de Marcos Dios Almeida; 18 Rúa Elduayen, de Esther Alonso Domínguez; Abismos, de Alberto Rodríguez Guerrero y Folga, de Xosé Alfredo Naz Fernández.

La cubierta del libro es obra de Luis Romero, al que le pedimos que destacara dos elementos que en nuestra opinión se identifican claramente con esta ciudad: La Panificadora, a la que parece recuperaremos en un futuro próximo y un segundo, que hemos querido incluir en un sentido reivindicativo, al considerarlo algo muy vigués, muy gallego y muy del planeta: Cíes, Patrimonio de la Humanidad.

En esta edición seguimos colaborando con la Fundación Igual Arte (destinando a esta entidad un euro de cada ejemplar vendido de Relatos na rúa VII), primera escuela integral que trabaja con necesidades educativas especiales en las distintas disciplinas (Música, Expresión corporal y Expresión artística).

Los dibujos que anteceden a cada uno de los relatos premiados son obra de Diseñatas, grupo de Diseño de la Fundación Igual Arte, compuesto por: Helena Cuber, Iván Lago, Alberto Rodríguez, Loira Fernández, Gustavo López y Eva García. A ellos les pedimos también que nos ayudasen en nuestra reivindicación de las islas también que nos ayudasen en nuestra reivindicación de las islas Cíes. Y desde luego, no nos han defraudado, pues su trabajo, lleno de sensibilidad y arte, refleja a la perfección nuestras islas.

Agradecimientos para patrocinadores principales: Concello de Vigo y Oftega y también a todas aquellas personas e instituciones que adquiriendo este libro hacen posible la celebración del certamen desde hace años.

Editorial Elvira

Texto en gallego aquí. 

Categorías
Certamen Vigo Histórico Editorial Elvira

Relatos na rúa VII xa está aquí

SÉTIMO CERTAME de relatos Vigo Histórico, convocado por Editorial Elvira, do que nace o libro Relatos na rúa VII. Nesta ocasión con 26 relatos, entre os que atopamos gañador, segundo premio e accésits.

Este ano o máis complicado non foi elixir os premiados e publicados, mesmo cando o debate do xurado ten sido intenso pola calidade dos traballos presentados. O complicado ten sido convocar o certame en pleno confinamento, adaptándonos ás circunstancias e lanzándoo online. En marzo, a incerteza de conseguir que o certame se realizase tendo unha participación aceptable era máxima. Seguimos adiante e recibimos unha cantidade importante de relatos, certo que un poco menos ca outros anos, pero moi respectable. Foi moi difícil tamen facer as reunións co xurado, composto por: Concepción Varela, Patricia Meira, Noelia Otero, Ledicia Costas, Antón Pulido, Julio Alonso, Bieito Ledo, Jacobo Buceta, José Luis Mateo e María Lado, que coma sempre estivo á altura das circunstancias, poñendo toda a vontade para sacar adiante o certame, que xa asumen como algo propio, que culmina co libro Relatos na rúa.

Felicitar os premiados e premiadas deste ano, así como os publicados e publicadas. O xurado elixiu como gañador o relato: El fabuloso tonto triste, de Miguel Cuervo Pérez; como segundo premio: Hopper en el Vitruvia, de Eduardo Fernán-López; e como aacésits: 4 Gatos, de Marcos Dios Almeida; 18 Rúa Elduayen, de Esther Alonso Domínguez; Abismos de Alberto Rodríguez Guerrero e Folga, de Xosé Alfredo Naz Fernández.

A cuberta do libro é obra de Luis Romero, ao que lle pedimos que salientase dous elementos que na miña opinión se identifican claramente con esta cidade: A Panificadora, que seica imos recuperar nun futuro próximo, e un segundo, que quixemos incluír cun sentido claramente reivindicativo, ao consideralo algo moi vigués, moi galego e moi do planeta: Cíes, Patrimonio da Humanidade.

Nesta edición seguimos a colaborar coa Fundación Igual Arte (destinando a esta entidade un euro de cada exemplar vendido de Relatos na rúa VII), primeira escola integral que traballa con necesidades educativas especiais nas distintas disciplinas (Música, Expresión corporal e Expresión artística).

Os debuxos que anteceden a cada un dos relatos premiados son obra de Diseñatas, grupo de Deseño da Fundación Igual Arte, composto por: Helena Cuber, Iván Lago, Alberto Rodríguez, Loira Fernández, Gustavo López e Eva García. A eles pedímoslles tamén que nos axudasen na nosa reivindicación das illas Cíes. E dende logo, non nos defraudaron, pois o seu traballo, cheo de sensibilidade e arte, reflicte á perfección as nosas illas.

Agradecementos para patrocinadores principais: Concello de Vigo e Oftega e tamén a todas aquelas persoas e institucións que adquirindo este libro fan posible a celebración do certame dende hai anos.

Editorial Elvira

* Texto en castelán aquí.

Categorías
Editorial Elvira Historias no Camiño

Que comer ao chegar a Compostela

Historias no Camiño é moito máis que un certame de relatos. É unha actividade beneficiaria do programa «O teu Xacobeo» que busca por en valor a riqueza cultural que envolve o Camiño de Santiago. E para nós a gastronomía tamén é cultura. 

Chegar a Santiago de Compostela despois de días camiñando é todo un subidón. Cando chegas á praza do Obradoiro e ves a catedral en todo o seu esplendor, libérase toda esa enerxía que estaba concentrada en superar cada unha das etapas. 

A cidade compostelá abre moitísimas posibilidades: pasear polas súas rúas, parques e museos é toda unha experiencia. Pero unha cousa está clara: isto faise mellor coa barriga chea. Por iso queremos sinalar algúns dos pratos que non vos podedes perder cando vos paredes a recuperar enerxías polas rúas picheleiras. 

Calquera viño da terra. Albariño, mencía, ribeiro, godello… temos moito que presumir de viños. 

Polbo. En calquera das súas formas, á feira, con patacas, encebolado… o polbo sempre é unha boa opción para  encherse de proteínas. Se ves un establecemento con polbeiras, non o dubides. 

Vieiras gratinadas. É un dos pratos máis típicos de Santiago de Compostela e son una auténtica ledicia. 

Pementos de Padrón. Xa non pican case nunca, pero seguen a estar moi bos. Un pouco de verde para acompañar calquera prato e facer sopas co pan nos restos do aceite. Unha marabilla!

Empanada galega. Un clásico entre os clásicos. Pódense atopar de case calquera cousa, pero recomendamos a de zorza.

Torta de Santiago. Un dos emblemas da cidade. Améndoas, azucre, ovo e manteiga para cociñar un manxar que non vas a esquecer. 

Licor café ou crema de oruxo. O trago perfecto para rematar unha boa comida e brindar cos compañeiros e compañeiras de peregrinación. Din que os máis ricos adoitan ser os caseiros (sobre todo no que a licor café se refire), pero parece que varias empresas de licores se puxeron as pilas e hai algúns moi ricos. 

Información sobre o certame «Historias no Camiño».

Categorías
Editorial Elvira Historias no Camiño

Música galega para amenizar o Camiño

A música en Galicia é un ben moi prezado: encántanos cantar e bailar. Isto demostrámolo en todas esas verbenas populares que enchen a nosa xeografía cada verán (e que volvan pronto, por favor!), na importancia das orquestras e nos programas da televisión autonómica onde parece que sempre é fin de ano. É parte da nosa idiosincrasia e unha alegría para o espírito. 

Hai moitísimos artistas que se encargan de fusionar todos ese elementos que forman parte da identidade desta terra chea de contrastes: as raíces celtas, o folclore, os ritmos latinos, as novas tendencias musicais… O Camiño de Santiago vertebra dalgunha maneira unha parte importante da cultura galega. Séculos de peregrinos, procedentes de todas as esquinas do mundo, converteron  este percorrido espiritual nunha confluencia de saberes intelectuais de grande importancia que foron construíndo unha identidade de mestura moi particular. 

O mundo moderno troca a toda velocidade e tamén trocan as motivacións para empezar unha peregrinación destas características. O actual concepto de espiritualidade non é o mesmo que anos atrás, pero as motivacións de autocoñecemento seguen a ser parecidas. Neste sentido hai cousas que se deben manter, como é a transmisión dos nosos valores culturais. Por iso parécenos interesante pór a vosa disposición unha listaxe de reprodución enchida deses artistas que foron capaces de dar unha volta ás nosas tradicións e que cremos que poden ser unha boa compañía na peregrinación ou na vida en xeral. 

A idea na que se basea «Historias no Camiño» é a de pór en valor a nosa cultura co Camiño de Santiago coma fío condutor. Trátase dunha actividade beneficiaria do programa «O teu Xacobeo» da Xunta de Galicia e estamos convencidos de que  nos vai traer moitas sorpresas. 

Categorías
Carlos Oroza

Carlos Oroza, un aliento comunitario en libertad

Hace hoy cinco años nuestro amigo Carlos Oroza nos dejó. Lo hizo en silencio, envuelto en la dignidad que lo acompañó toda su vida. Recordamos muchos y muy buenos momentos a su lado, aquellas tardes de café y largas conversaciones en las que el poeta nos hacía soñar hablando de cualquier cosa. Lo recordamos con la alegría de acompañarlo en sus últimos años. En ellos publicamos su poesía, trabajamos juntos y nos ayudó en la difícil tarea de abrir el pensamiento y aceptar que dudar de todo lo establecido es ser un poco más libre. Nos enseñó que «En el norte hay un mar que es más alto que el cielo» y que «No hay más bondad que la que emana de la inteligencia».

Seguimos trabajando en su obra. Tres ediciones de su poesía nos acompañan ya. Un libro disco, Aute canta a Oroza, en el que Luis Eduardo Aute, con la ayuda de su buen amigo, Javier Monforte, ponen voz y música a seis poemas. Y ahora un proyecto de musical con su obra. Proyecto que cada día toma más fuerza, fiel a las metas que un día marcamos con Carlos, siguiendo su criterio: «Siempre he dicho que mis poemas eran para decir», como explica Antón Patiño en el prólogo de la nueva edición de Évame que verá la luz en próximas fechas y del que aquí adelantamos un fragmento:

No fue fácil convencer a Oroza de la necesidad de transcribir sus versos al papel para elaborar un libro. En algún momento llegó a decir que ese trasvase le producía «auténtica repugnancia». Consideraba que la vibración sonora (en el aliento comunitario que buscaba) desaparecía con la lectura en solitario. Hay una esencial dimensión libre que el poema transmite de viva voz y que luego queda en gran medida inerte sobre la superficie de la página. Oroza se sitúa en el umbral originario del hecho poético donde la dimensión oral es condición central. *

De hecho resulta muy curioso tener en las manos un libro de Oroza. Sus versos (largos como la línea del horizonte) no se doblegan con docilidad al formato libro. La exuberancia oral obliga a un formato tipográfico anómalo que invierte la vertical del libro y obliga a ponerlo en horizontal entre las manos para poder vislumbrar toda la longitud del verso en su integridad. El libro entonces se abre y despliega un inventario de lejanías, versos como peldaños de una escalera que asciende y nos lleva a un ámbito ingrávido impregnado de sugerentes imágenes.

(*) «Siempre he dicho que mis poemas eran para decir. Pero no lo niego, no son tan cerril, no me niego a que haya letra impresa, pero quiere decir que fatalmente el animal queda anémico al hacer imprenta hemos recogido un animal fuerte, y ha quedado jadeante, ha quedado extenuado ante el libro; hemos estado tratando con un animal hermosamente salvaje, un animal de la selva y, de repente, este animal se convirtió en un animal doméstico, o en un perro de caza» Revista Tropos 1 (marzo, 1971).

Desde este rincón que es la editorial, recordamos al poeta en un día como hoy, aniversario de su despedida, continuamos trabajando en su obra y nos sentimos afortunados de que siga siendo parte de nuestro quehacer de cada día.

SEMPRE OROZA

Queremos compartir con todos vosotros dos de nuestros poemas favoritos de Carlos Oroza, porque creemos que es el mejor homenaje que podemos hacerle. Sus poemas son para decir… y nosotros ponemos a vuestra disposición un recital digital. Durante este fin de semana (lunes incluido), utilizando el código «seprohibeelpaso» en el proceso de compra, podréis descargaros absolutamente gratis estas dos piezas que nos invitan a reflexionar sobre nuestro mundo.

Solo tenéis que añadir el producto a vuestro carrito de compra (sí, como si fuerais a comprarlo) y añadir el código «seprohibeelpaso». En el momento en el que finalicéis el proceso de compra recibiréis un correo electrónico para que os podáis descargar los poemas en el dispositivo que queráis.

Categorías
Certamen Vigo Histórico Editorial Elvira

A VII Gala Vigo Histórico queda adiada

Atopámonos nun momento clave do VII Certame de Relatos Vigo Histórico. Nunha situación normal todo o equipo de Editorial Elvira estaría a preparar con moito agarimo a gala que poñería o broche final a esta edición do noso querido certame. Para nós é un dos momentos máis especiais do ano e poder compartilo con vós é máxico.

Pero a situación xerada pola Covid‒19 complícao todo. Tendo en conta as restricións de reunión, de mobilidade e de aforo, organizar actos culturais desta magnitude é moi complicado. Ante tanta incerteza, e tamén por responsabilidade, decidimos adiar a celebración da gala para tentar que non se perda a esencia da mesma. Temos a esperanza de poder celebrala durante o primeiro trimestre do 2021 pero, como a realidade sempre supera a ficción, non o podemos asegurar.

Relatos na rúa VII, libro que reúne os relatos premiados e unha selección feita polo xurado do certame, estará á venda na propia editorial, na nosa páxina web e na vosa libraría de confianza dentro de moi pouquiño. Este ano tamén imos contar coa colaboración dos nosos amigos e amigas de Igual Arte, asociación á que se vai destinar 1 euro de cada exemplar vendido.

Sentimos moito vernos obrigados a tomar esta decisión, pero estamos seguros de que pronto poderemos celebrar estes marabillosos relatos como se merecen.

La VII Gala Vigo Histórico queda pospuesta

Nos encontramos en un momento clave del VII Certamen de Relatos Vigo Histórico. En una situación normal todo el equipo de Editorial Elvira estaría preparando con mucho cariño la gala que pondría el broche final a esta edición de nuestro querido certamen. Para nosotros es uno de los momentos más especiales del año y poder compartirlo con todos vosotros es mágico.

Pero la situación generada por la Covid‒19 todo lo complica. Teniendo en cuenta las restricciones de reunión, de movilidad y de aforo, organizar actos culturales de esta magnitud es muy complicado. Ante tanta incertidumbre, y también por responsabilidad, hemos decidido posponer la celebración de la gala para intentar que no se pierda la esencia de la misma. Tenemos la esperanza de poder celebrarla durante el primer trimestre del 2021 pero, como la realidad siempre supera la ficción, no lo podemos asegurar.

Relatos na rúa VII, libro que reúne los relatos premiados y una selección hecha por el jurado del certamen, estará a la venta en la propia editorial, en nuestra página web y en vuestra librería de confianza dentro de muy poquito. Este año también contaremos con la colaboración de nuestros amigos y amigas de Igual Arte, asociación a la que se destinará 1 euro de cada ejemplar vendido.

Sentimos mucho vernos obligados a tomar esta decisión, pero estamos seguros de que pronto podremos celebrar estos maravillosos relatos como se merecen.

Categorías
Editorial Elvira Historias no Camiño

Que non pode faltar nunha mochila peregrina

Historias no Camiño é un certame de relatos do que vai saír un libro moi fermoso. E tamén é unha actividade dentro do programa «O teu Xacobeo» organizado pola Xunta de Galicia para promocionar o Camiño de Santiago coma un piar fundamental da cultura galega. Dende a Editorial Elvira queremos aproveitar o contexto deste concurso literario para darvos algúns consellos que poden ser de moita utilidade a quen queiran comezar a peregrinación. 

Unha das cuestións máis importantes para unha persoa que querer empezar a súa peregrinación é organizar ben a súa mochila. Non debe exceder os 10/12 quilos de peso, incluíndo mudas de roupa que sexan lixeiras e de limpeza sinxela, o saco de durmir, os produtos de aseo persoal, a documentación pertinente (incluída a credencial de peregrinación) e, moi importante, unha cantimplora para manter a hidratación corporal. Pero, se decides embarcarte na aventura de facer o Camiño de Santiago, tes que ter en conta que hai unha serie de cousas que non estaría de máis ter presentes na túa equipaxe. 

Unha funda de almofada. Pode parecer un pouco tolo, pero se vas durmir en albergues. Agradeceralo. 

Tapóns para as orellas. Para non ter que preocuparte dos ruídos que te rodean mentres dormes e así poder descansar en condicións. Un anteface para durmir quizais tampouco estea de máis. 

Un pequeno lote de primeiros auxilios. Non esquezas meter vaselina para os pés (que deberás usar SEMPRE despois da ducha e antes de durmir) e algún produto antifricción para evitar as rozaduras. Tamén é importante levar protección solar

Algún obxecto reflector (pulseira, adhesivo na mochila, chaleco…) para utilizar os días nos que haxa pouca visibilidade. 

Un chifre. É moi posible que non o teñas que usar, pero pode ser de moita utilidade se tes algún accidente. 

Un poncho impermeable ou chuvasqueiro lixeiro. Dá igual a estación do ano na que inicies o Camiño, a choiva pode sorprenderche en calquera momento. 

Bolsas de plástico. Serviranche para acumular a roupa usada, para recoller os teus residuos (é moi importante manter limpo o Camiño) e mesmo para forrar a mochila se se pon a chover. 

Toallas de microfibra. Non ocupan, non pesan e secan moi rápido. Son perfectas para o Camiño e para unha chea de actividades físicas. 

Navalla multiusos (ou derivados). Non ocupa nada e pode sacarte de moitos apuros. 

Unha carga extra para o teléfono móbil. Facer o Camiño debería ser o momento ideal para desconectar dos nosos enganches tecnolóxicos, pero o teléfono móbil converteuse nun indispensable para moitas cousas (tomar notas, fotografar momentos, usar a lanterna…) e xa que o levamos, pois mellor telo cargado.

Información sobre o certame Historias no Camiño.

Categorías
Editorial Elvira Historias no Camiño

Consellos para peregrinos principiantes

Xa vos dixemos que Historias no Camiño é moito máis que un novo certame de relatos. É unha actividade que forma parte do programa «O teu Xacobeo» da Xunta de Galicia e que ten como obxectivo promocionar e pór en valor o Camiño de Santiago como un ben cultural que nos pertenece a todos e a todas. O Xacobeo 2021 vai ser algo estraño; por iso, ademais de animarvos a participar con vosos relatos en Historias no Camiño, queremos facilitarlles a vida a todas esas persoas que, a pesar das adversidades, están a pensar en facer o Camiño e se queren preparar física e mentalmente.

Se decidiches peregrinar ata Santiago de Compostela, prepárate para vivir unha experiencia transformadora que vai marcar a túa vida para sempre. Ten en conta que o Camiño de Santiago está cheo de historia, de lendas e de segredos esperando a ser descubertos.

Pero antes de empezar a marcha non debes esquecer algunhas cousas básicas:

Elixe o Camiño que máis se adapte ás túas necesidades, tendo en conta o tempo que queres investir e as túas capacidades físicas. Se é a túa primeira vez, quizáis o Camiño Francés sexa a mellor opción. Ao ser o máis popular ten máis servizos e está mellor sinalizado.

Ponte en contacto coa Asociación de Amigos do Camiño máis próxima para que te informen ben de todo e che faciliten a credencial, que é a identificación oficial do peregrino coa que terás acceso aos albergues e á ansiada Compostela.

Un pouquiño de preparación física nunca está de máis. Se non tes por costume camiñar moito, é posible que o Camiño te frustre e non poidas gozalo como desexas. Os expertos recomendan empezar a prepararse dous meses antes.

Non é boa idea estrear calzado. Leva sempre botas, zapatillas de deporte, sandalias… especiais para camiñar e que xa estean usadas e adaptadas aos teus pés. O obxectivo é evitar as bochas e as rozaduras que poden converterse nun auténtico calvario. Lembra tamén que o mellor é ducharse pola noite, unta os pés con vaselina ou crema hidratante e utilizar calcetíns de calidade e sen costuras.

Á hora de preparar a túa mochila, énchea só coas cousas estritamente necesarias (se son de secado rápido mellor), tendo moi presente que non debe superar os 10 kg de peso. Aínda que a idea é non usalo moito, unha batería externa para o móbil nunca está de máis e un caderno no que apuntar as túas cousas, tampouco.

Leva SEMPRE auga e algo de comida (os froitos secos, chocolate e as barritas de cereais son perfectos).

Non ensucies o Camiño. Leva contigo unha bolsa de plástico na que poder acumular os teus desfeitos para tiralos ao lixo en canto termines a etapa.

Goza do proceso e respecta o Camiño. Isto non é nin unha competición, nin unha festa. Aproveita toda a aprendizaxe que che ofrece a peregrinaxe.

Categorías
Editorial Elvira

Novidades de outono

Esta tempada traémosvos tres novidades ben frescas e perfectas para estos momentos de reclutamento por choivas e covid. Debaixo da mantiña e con unha boa lectura todo pasa mellor.

Esta temporada os traemos tres novedades fresquísimas y perfectas para estos momentos de reclutamiento por lluvias y covid. Debajo de la manta y con una buena lectura todo pasa mejor.

Libro dos lugares 2

Antón Patiño

Libro dos lugares desenvolve unha aventura literaria en liberdade. Unha viaxe aos lugares imantados, itinerarios dos encontros nunha fusión de xéneros.

Un remuíño de relatos que nos levan á arte, á literatura e á vida. Esculcas de pulsión creativa, pensamento imaxinativo, itinerario do devalo vital. Ensaio, poesía, crónica, narrativa, memoria, soño… Que vén ser o Libro dos lugares?

«Esta obra, ensaio ascensional, vén ser o que Gaston Bachelard chamaría «a transfiguración do peso en luz». Enterrádeme de pé no Libro dos Lugares».

Manuel Rivas

Presentación:

Xoves, 29 de outubro do 2020 | 18:30 horas | CGAC (Santiago de Compostela)

Aforo moi limitado. Precísase inscripción mandando un mail co nome, apelidos e télefono de contacto a cgac.prensa@xunta.gal

Só nin se ri nin se chora

Amadeo Cobas

O avó Breixo acaba de morrer. A súa neta María lémbrao aproveitando os fíos de néboa que permanecían na memoria del, recuperando as andanzas súas, da avoa Xona e demais membros da familia. Dálles voz e déixaos que falen de cadaquén. O resultado ás veces é «delicado»:

Breixo: Meu fillo Ighnasio traballando comigho? É un lacasán!

Ignacio: Amólame traballar por dous…

Breixo: Me fillo Fransisco? É un fillo do demo!

Francisco: Poida…

Breixo: Á miña muller non lle vira o rumbo nin unha ghalerna!

Xona: Cagho na nai que os botou a todos!

Con humor rentranqueiro, a narradora percorre historias, anécdotas e soños da sú saga familiar.

Presentación:

Mércores, 28 de outubro do 2020 | 20:30 horas | Aula D (Vigo)

Aforo moi limitado. Precísase inscripción mandando un mail co nome, apelidos e télefono de contacto a editorialelvira@gmail.com

1598: La peste en Vigo. El secreto del reclinatorio del prior

Antonio Giráldez

Siempre he disfrutado reconstruyendo el pasado y esta vez el azar me llevó a él. Husmeando en una almoneda próxima a la praza da Constitución, encontré a buen precio un viejo misal. Al pasar sus páginas, descubrí un pergamino plegado. Al leerlo, comprendí que era parte de un diario fechado en 1598 firmado por Gregorio Servido, prior de la Colegiata de Vigo.

El pergamino daba fe de una época aciaga en nuestra ciudad y era la primera pieza de un puzle que me llevó a Portugal. Allí, además de saber de aspectos poco conocidos de la guerra contra Napoleón, encontré la crónica más antigua de Vigo escrita por el prior de la Colegiata y guardada celosamente en un cajoncillo de su reclinatorio. El reclinatorio había salido del templo mientras duraron las obras de reconstrucción tras la explosión de un polvorín en 1813, pero nunca había regresado.

Cuando revivía con el prior los años de hambre, guerra y peste de finales del siglo XVI, me di cuenta de que yo también, en 2020, estaba siendo testigo de otra epidemia que azotaba nuestra ciudad, el coronavirus.

En el otoño de 1598, la peste hizo estragos en Vigo. Las calles estaban vacías, los mercados cerrados, y el Juez, que era como entonces se llamaba el alcalde, ordenó que nos alejáramos unos de otros. En la primavera de 2020, la consigna de las autoridades también era que nos separáramos unos de otros y los vecinos apenas salían de sus casas. Sorprendentemente, mi testimonio se parecía mucho al que había dejado escrito hace más de cuatrocientos años Gregorio Servido.

Presentaciones:

Martes, 03 de noviembre de 2020 | 19:00 horas | Auditorio do Concello de Vigo

Aforo muy limitado. Se necesita inscripción mandando un mail con nombre, apellidos y teléfono de contacto a editorialelvira@gmail.com

Miércoles, 11 de noviembre de 2020 | 20:00 horas | Aula D

Aforo muy limitado. Se necesita inscripción mandando un mail con nombre, apellidos y teléfono de contacto a editorialelvira@gmail.com

Categorías
Editorial Elvira Historias no Camiño

«Historias no Camiño», un novo certame de relatos con sabor xacobeo

Historias no Camiño é un proxecto que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia. Un proxecto no que queremos poñer en valor toda a creatividade literaria e artística que agroma da nosa lingua e do noso folclore. Un proxecto que nos ilusiona moito porque somos uns namorados do Camiño de Santiago e queremos que o Xacobeo 2021 supere toda esta virtualidade na que nos vemos obrigados a vivir.

O cartel do certame é obra de Rita Gutierrez.

No recanto máis occidental da Península Ibérica está Galiza. A nosa Galiza. Terra de tradicións Celtas, de Revoltas Irmandiñas, de lendas e meigas, de rías e ríos, de cen maneiras distintas de nomear a choiva… si, a nosa Galiza. Ese lugar onde o pagán e o relixioso case se fusionan en cada cruceiro.

E no corazón dese anaquiño de terra hai unha xoia que é un templo de pedra rodeado de acibecharías e dunha mística moi particular. As torres da Catedral de Santiago coroan unha cidade chea de historia e presiden un horizonte de rúas de granito, carriza, estudantes e peregrinos que chegan desde moitos recunchos do mundo para abrazar o Santo.

Temos tamén as dobraxes da televisión autonómica, os anuncios dun famoso supermercado, a Xeración Nós, a natureza húmida e indómita, as bateas, a morriña, as orquestras de música, os hórreos, as campás de Bastabales… e o Camiño de Santiago como peza angular do intercambio cultural. Todo isto retroalimentándose na nosa psique e construíndo unha identidade moi particular.

Non sabemos o que nos vai deparar este Ano Santo Xacobeo, o que si sabemos é que hai historias moi diversas no Camiño e que merecen ser contadas. Queremos coñecelas, gozalas, compartilas e conseguir que perduren no tempo reuníndoas nun libro moi especial. Historias no Camiño é moito máis ca un certame de relatos; é toda unha declaración de intencións. Historias no Camiño nace da absoluta convicción de que o Camiño de Santiago vertebra Galiza, é CULTURA (así, en maiúsculas) e a cultura hai que defendela.

Na nosa opinión escribir tamén é unha viaxe, por iso animámosvos a participar cos vosos relatos en Historias no Camiño. O tema dos relatos é absolutamente libre, pero é fundamental que na historia haxa un protagonismo real do Camiño de Santiago. Non hai que esquecer que o obxectivo deste proxecto, dentro do programa O teu Xacobeo, é promover o Camiño e a súa esencia, destacando a súa riqueza natural e humana.

Todas aquelas persoas interesadas en participar en Historias no Camiño, poden acceder as bases do certame no seguinte botón: